8. Resumen da Xornada na 3ª División e Preferentes.

Derrota pola mínima na 3ª División.

Ficha do encontro.

Era un encontro asequible para os rapaces de Marquitos a súa visita a terras coruñesas para medirse a un Sport Sala Culleredo quen vagan pola zona morna da táboa clasificatoria.

Unha vez máis a falta de acerto cara portería foi un lastre demasiado pesado para un equipo que crea moitas ocasións, moi claras, pero que non acaba por materializar, o que supón a perda de puntos. O Sport Sala Culleredo lograría irse a vestiarios con dúas claras vantaxes, unha no marcador, gracias a un gol anotado no minuto 7 por parte dos locais, e outra no campo, xa que cando faltaban segundos para encarar o camiño de vestiarios chegaría a expulsión, moi protestada, de Isma, por dobre cartón amarelo logo dunha falta que o noso xogador negaba insistentemente que existira.

Aguantaría ese minuto previo ao descanso, pero no arranque da segunda metade os locais lograría anotar o 2-0. Lograría recurtar distancias no marcador Mateo Latas unha vez o encontro volveuse a disputar cinco contra cinco.

Con unha boa chea de ocasións claras erradas polos nosos, o Sport Sala Culleredo lograría recuperar unha vantaxe de dous tantos cando faltaban seis minutos para o final do encontro. Mateo Latas, a falta de tres minutos, lograría anotar, cun lanzamento cruzado prácticamente desde a banda, o que logo sería o definitivo 3-2 a prol dos locais.

Dúas derrotas e unha victoria nas Preferentes.

Victoria aplastante do Preferente Cadete.

Os rapaces adestrados por Kin tiveron o encontro máis tranquilo dos que van de temporada, ante un ADCR Santa Mariña, quen só tiña 6 xogadores para a disputa do encontro.

O certo é que os nosos rapaces dispuxeron de moitísimas ocasións, moi claras, xa na primeira parte para poder inagurar o electrónico, pero non sería ata o minuto 21, cando Roque, un pequecho con corazón de león, anotaría o primeiro tanto borraba ó 0 no marcador. Cando o encontro asomaba o descanso Mateo Suárez anotaría o segundo gol faltando unicamente 5 décimas, cun zapatazo logo dun saque de banda rápido dos nosos.

Na segunda metade, xa cun rival moi mermado con tan só un cambio pola lesión dun dos seus compoñentes, o Alto do Vento FS iría anotando un gol tras outro, mentras que os visitantes o único que tentaban era lanzar balóns longos tentando de conectar co pívot, sen que esta técnica dera resultado algún. Jesús Uzal «Tuti», con catro goles sería o MVP do encontro.

Resumen do encontro.

Retorno á senda da victoria do Alevín Preferente.

Os rapaces dirixidos por Jorge Santiago volveu gañar un partido logo de dúas derrotas, ante un AD Codima que loitou ata o final para tentar sacar algo positivo do encontro.

O feito de que ao descanso o electrónico reflexara un solitario gol a prol dos nosos, obra de David Santiago, da boa mostra de que AD Codima, a pesares de estar na zona media da táboa clasificatoria, viña ao encontro a pelexar polos tres puntos.

Resumen do encontro.

Na reanudación non sería ata o minuto 11 da segunda metade cando gracias a un gol en propia porta da defensa do AD Codima daría a tranquilidade ao cadro dirixido por Jorge Santiago. Cinco minutos despois, no 36, chegaría o golpe definitivo ao encontro gracias o gol de Pablo Campanero, o que suporía o definitivo 3-0.