9. Resumen da Xornada na 3ª División e Preferentes.

Derrota pola mínima na 3ª División.

Ficha do encontro.

O igual que acontecía na xornada pasada, Alto do Vento FS da 3ª División recibía a visita dun Cidade de Narón que vaga polos postos medios da táboa clasificatoria, eso sí, nunha racha de 3 victorias consecutivas.

O certo é que os rapaces de Marquitos, quen tiña algunha que outra baixa, apenas ofreceu resistencia no encontro que, durante os dez primeiros minutos , non vería o marcador moverse. Pero no minuto 11 os visitantes farían o primeiro gol, algo que supuxo un mazazo para os locais, quenes verían como o Cidade de Narón, en apenas dous minutos, do 15 ao 17, lograría poñerse cun claro 0-4 no electrónico. Jorge Santiago, antes de encamiñar o camiño de vestiarios, lograría recurtar diferencias no marcador.

Á volta de vestiarios o guión de partido non cambiaría moito, pero é certo que os rapaces de Marquitos subirían un punto a intensidade defensiva, o que lles permitiría conseguir un parcial nesta segunda metade un parcial de 2-2. Primeiro o equipo visitante lograría aumentar a distancia no marcador para poñerse cun 1-5 cando ían sete minutos de 2ª metade.

Logo de meter porteiro xogador nos últimos minutos, ambos equipos lograrían anotar goles, primeiro daría na diana Jorge Santiago no minuto 35. No minuto seguinte o equipo de Narón volvería a conseguir unha renta de 4 goles, para, no minuto seguinte, novamente Jorge Santiago, anotaría o definitivo 3-6

A próxima xornada os rapaces de Marquitos van a visitar unha pista moi difícil como é a do IES Coruxo FS, quen está situado colíder con Os Meigallos FS, e que ven de vencer nos seus últimos 5 partidos.