Comenza unha nova temporada chea de ilusión.

Logo do hito histórico colleitado polos rapaces dirixidos por Marquitos co ascenso a 3ª División, esta nova temporada comenza coa intención por parte dos nosos de asentarse nunha categoría que vai ser moi exixente.

Para esta nova temporada houbo moitos movementos en canto á confección do plantel e así, o núcleo do equipo mántense, con Pulpo e Ibai defendendo a portería rosa, coa incorporación de Nico, quen volta a casa logo do seu periplo con A Baña

En canto a xogadores as renovacións de Rucho, Brais Fernández, Óscar Aldrey, Brais Verín e Saúl, sumanse as incorporacións de Leiva e Mateo Latas, ambos procedentes de A Baña; Xavi Souto e Jorge Santiago, ambos pertencían á disciplina do Noia Portus Apostoli; Ismael Iglesias ven a sumar logo de ser un puntal no Jogafán FS, ven a sumar calidade e goles; e o colofón da dirección técnica é a incorporación dun xogador que marcou unha época no Santiago Futsal e no Noia Portus Apostoli como é Marcial Fernández, «Marci», xogador experimentado en Primeira División e Segunda.

En canto a baixas os xogadores que non seguirán serán Charli, Miguel, Pablo Liste, Pablo Bas, Martín, Nico Mos, Ventosa e Antas.

Con todo esto, o plantel co que Marquitos afrontará unha temporada cargada de moita ilusión quedaría conformada por Pulpo, Ibai e Nico (Porteiros), Rucho, Brais Fernández e Marci (Peches), Óscar Aldrey, Brais Verín, Saúl, Mateo Latas, Xavi Souto e Jorge Santiago (Ala), Leiva (Ala-pívot) e Isma (Pívot).

Con todo isto Marquitos afronta este novo reto con ilusión: «Agardo unha tempada dura e tamén bonita. Adaptarnos o antes posible á categoría e competir cada partido».

As novas caras para o Alto do Vento F.S. Bigmat Lucas.