
O debut dos nosos rapaces na 3ª División Nacional resolveuse cunha derrota onde a pouca profundidade de banquiño e baixas considerables nas nosas filas, provocou que o noso equipo rematara o encontro moi cansado.
Nos primeiros compases do encontro os nosos tentaron levar un ritmo alto de encontro, algo que sorprendeu un tanto aos visitantes, a pesares de que Os Meigallos FS tentava levar o peso do xogo saíndo moito co porteiro xogador, o que aproveitaría Leiva para, logo dun bo roubo de balón, anotar o primeiro gol da temporada para os nosos.
A medida que pasaban os minutos o equipo de Sarria ía collendo mellor tono e gracias a bloqueos pola espalda e aclarados en banda levaba o perigo á porteiría defendida por Nico, quen retornaba a casa logo do seu paso por A Baña FS. Así sería como logo dunha boa estratexia Os Meigallos FS anotaría o gol do empate por mediación de Alejandro Abellá, quen repetiría no mesmo minuto 13 logo dunha xogada embarullada na área local.
A falta de case 6 minutos para chegar ao descanso, chegaría a primeira nota vergoñenta do partido, cando os siareiros locais proferiu varios insultos ao porteiro visitante, o que provocou a activación do protocolo de violencia verbal. Tras o aviso por parte do delegado do equipo local a eses siareiros reanudouse o encontro para, a falta de 1´ para o descanso, eses mismos siareiros volverían a insultar ao porteiro Álvaro, o que provocou a retirada dos equipos a vestiarios e o posterior desaloxo dos siareiros. Se ben é verdade que desde o Alto do Vento FS rexeitamos ese tipo de comportamentos, é de esperar que o que hoxe aconteceu no Pavillón Municipal de Santa Isabel se repita con idénticas medidas no resto de encontros de suceder feitos similares. Finalmente a primeira metade finalizaría sen máis noticias.
Na segunda metade o Alto do Vento intentou ir á presión a toda pista pero a pouca profundidade de banquiño provocou un rápido esgotamento dos nosos, o que provocaba que os rivais empezaran a encontrar contras sinxelas que, finalmente daría os seus froitos no minuto 30 de encontro onde Fabián Tourón anotaría o 1-3. Nese momento, e xa co equipo visitante con 5 faltas desde o minuto 7, máis ou menos, o adestrador visitante optou por utilizar o porteiro xogador para lograr a posesión do balón e evitar desta forma que o Alto do Vento FS chegara a acadar a opción do dobre penalti.
Aínda se complicaría todo moito máis ca expulsión de Brais Fernández por dobre cartón amarelo no minuto 36, logo dunha falta nun intento de rematar un rexeite da defensa visitante. No minuto 38 Os Meigallos FS finiquitarían o encontro por mediación, novamente, de Fabián Tourón.
Isto non fixo máis que comenzar e é de agardar que unha vez se poida contar con tódolos xogadores, o equipo de Marquitos poderá elevar as súas prestacións en posteriores encontros.



