Patinazo das rapazas que lle complican a liga.
As rapazas do Cobre San Rafael caeron este venres no partido aprazado no seu día polo temporal, e foron vencidas por un Viaxes Amarelle quen se move polos postos medio-baixos da clasificación, no retorno de Selene á portería.
Os goles de Eva Lema e un en propia meta do equipo Coruñés foron o bagaxe ofensivo nun encontro onde as nosas chegaron a ir perdendo por 1 gol a 6.
Hoxe as nosas volven xogar contra o Narón, derradeiras clasificadas, nun encontro que pode supoñer voltar á primeira posición logo do empate do Ventorrillo ante o 5 Coruña. Nestes momentos o máis importante será a diferencias de goles entre as nosas e A Fervenza Narón O Freixo, xa que unha victoria das nosas empataría a primeira posición a 45 puntos, pero a diferencia de goles xeral é maior a prol das de Narón.
Sábado negro.
Derrota do Bigmat Lucas ante o Líder.
Derrota do Bigmat Lucas ante o Líder.
Era un partido marcado no calendario como importante para as aspiracións do Bigmat Lucas ante un líder sólido como é Os Meigallos, e o partido non defraudou.
Os visitantes impuxeron un ritmo altísimo desde o primeiro minuto, algo que leva sendo a nota dominante do bo facer do equipo de Sarria con moi boas combinacións que eran desbaratadas pola defensa local. E con ese esforzo defensivo dos nosos chegaría o primeiro gol anotado por Brais Fernández logo dun roubo de balón na media pista que aproveitarían os nosos.
Apenas un minuto despois outra contra, esta vez iniciada por Pulpo fixo boa unha carreira de Brais Riveiro, quen se plantaría só diante do gardamallas visitante para anotar o 0-2 cun tiro cruzado, un resultado moi bo para o visto no 40×20 do Restollal.
Pero Os Meigallos fixeron gala do seu bo xogo e en apenas tres minutos lograron remontar o encontro, non sen polémica xa que o gol do empate ben puido producirse logo dun control coa man do anotador que ningún dos árbitros veu.

Na segunda parte e xa con dous goles abaixo no marcador, logo da desconexión que supuxo o gol aparentemente ilegal, o Alto do Vento FS comenzou a carburar moito mellor tendo moi boas ocasións, con varios man a man con Nico Mos como principal actor. O adestrador lucense optou por tratar de garantir o control de balón sacando porteiro xogador, e foi nunha desas cando a presión dos rapaces de Marquitos permitíulle a Brais Riveiro, logo dun bo roubo de balón, anotar dende o medio do campo o 3-4. Pero nesta segunda metade os colexiados non andiveron moi atinados como mostra de varias faltas claras non pitadas o que ía enardecendo os ánimos.
Así chegamos ao momento crucial do partido onde o porteiro visitante sae da súa área co balón controlado, e logo de recibir a presión dos xogadores locais case provocan o roubo, pero o gardamallas consegue levar o balón coa man e nesa xogada sube o 3-5 o electrónico. As protestas dos locais colocan o marcador de faltas logo de dous cartóns amarelos no 3-3 a faltas e a consabida losa que supón estar amonestado.
Os nosos rapaces seguiron loitando e logo dun man a man Nico Mos atinaría para levar o 4-5 ao electrónico a falta de 3:05 para o final. Os Meigallos conseguirían anotar o definitivo 4-6 no minuto para seguir sendo líderes.
Os Alevíns caen co Lugosala e quedan sen marxe de erro.
Os rapaces de Carlos Rivas caeron no encontro estrela da categoría de Alevín Preferente ante o Lugo Sala por 0 goles a 2 nun encontro moi reñido ante un equipo dirixido por un Miguel Múñoz quen conoce perfectamente de que vai este deporte como xogador de élite que foi.
Dous despistes na saída de dous córners condenou aos rapaces do Eimas Café & Copas nun encontro que supón que os nosos ceden a primeira posición ante os lucenses, pero cun partido menos que poderá devolvelos ao primeiro lugar en caso de vencer.
Os cadetes caen cas botas postas.
Nun encontro ben plantexado por parte de Javi e unha moi boa actitude dos rapaces, o Talleres Jesús Sánchez a piques estivo de dar a sorpresa ante os cuartos clasificados caendo nos derradeiros minutos do encontro como mostra que a falta de sete minutos para o remate os nosos ían gañando por 4-3. Pero en dous minutos fatídicos os rapaces lucenses botarían por terra os goles anotados por Breixo, Alfonso López, Jesús Uzal e Ale de la Calle.
A Base Preferente.
O Talleres Jesús Sánchez cae en Betanzos.
Un final de infarto para un partido intensisimo o disputado o sábado polos rapaces de Javi, que se viron superados prácticamente no final dun encontro que estivo empatado en todo momento.
Os nosos cadetes comenzaron moi ben o encontro e os goles de Antón López e Tomás Cabaleiro porían ao Alto do Vento FS por diante no encontro. Pero unha boa reacción local imporía a vantaxe dos locais antes de chegar ao descanso por 3 goles a 2.
Á volta de vestiarios os rapaces de Javi anotarían o empate por mediación de Jesús Uzal, momento no que empezaría un toma e daca entre ambos contendetes, onde primeiro anotaría o Troula Betanzos para logo ver como Andrés Martínez acadaba o empate. Pero no último minuto o Troula Betanzsos FS conseguiría o definitivo 5-4.
Importantisima victoria do Preferente Infantil.
Os rapaces de Kin precisaban esta victoria como auga no deserto ante un rival situado en postos de descenso como era o Troula Betanzos.
Comenzarían moi ben os rapaces do Fink Orfebres e dende o inicio veríase que querían a victoria e así Álex Iglesias, Iago Hombre e Mateo Fraga porían tres goles de vantaxe. Pero un penalti permitiría aos betanceiros recurtar distancias no electrónico. Pero onte era o día dos nosos e na xogada seguinte novamente Yago Hombre anotaría o cuarto gol. Pero en dou minutos malos xusto antes de encarar o túnel de vestiarios o Troula conseguirían recurtar a distancia a tan só un gol, e así, con 3-4 no marcador chegaría o descanso.
Xa na segunta metade Aarón Fernández anotaría o 3-5 para poder respirar un pouco nun encontro tan importante como o de onte. Pero o Troula non se ía render e voltaría a poñerse un gol abaixo no minuto 39. Pero esta victoria era superimportante e así o tiñan na cabeza os nosos rapaces e así gracias a Mateo Fraga e Yago Hombre, que anotaría con este un hat-trick, anotarían o definitivo 4-7.
Con esta victoria ante o equipo que marca o límite nos postos de descenso, situándose a catro puntos do equipo betanceiro, nunha oitava praza que non garante nada, xa que terán que loitar ata o final por manter a categoría.
Outro día na oficina para o Eimas Café & Copas.
Os rapaces de Carlos Rivas solventaron a terceira visita dos nosos equipos a Betanzos e conseguiron os tres puntos nun encontro que empezaron a poñer de cara a partires do minuto 15 gracias a Luis Ferreiro. Logo de que o Troula emmpatara no minuto seguinte, Lois Cantelar devolveríalle ao Alto do Vento FS a vantaxe no marcador, xogador que repetiría para darlle unha vantaxe de 2 goles aos nosos antes da chegada do descanso.
Na volta de vestiarios Luis Fernández anotaría o 1-4 no minuto 28, e logo dun impass entre ambos contendentes sen que o marcador se movera, o Troula recurtaría distancias no minuto 36. No minuto seguinte un gol de Iago Sánchez poría o definitivo 2-5 a prol dos nosos, quenes seguen no alto da táboa clasificatoria.
Con esta victoria o equipo de Carlos Rivas segue sacándolle 5 puntos ao 2º clasificado, o ADC Lugo Sala, e 11 puntos ao 3º clasificado, o 5 Coruña, faltando tan só 6 xornadas para o final da liga.
Sorte dispar nos Senior.
Derrota do Bigmat Lucas.
Viaxaban os rapaces dirixidos por Marquitos este sábado a unha pista complicada como é Rábade, na procura dunha victoria, para poder seguir nesa loita nos postos altos da clasificación que, de ben non acadar os tres puntos, o feito de gañarlle o golaverage é a nota positiva.
O encontro duro onde os nosos comenzaron o encontro moi fortes e gracias aos goles Óscar Aldrey, Pablo Liste e Nico Mos porían aos nosos por diante no electrónico cun 1-3, anulando así o tanto inicial dos locais. E todo isto en apenas 2´. Pero o Rábade contestaría nos dous minutos seguintes para acadar o empate a 3 goles, resultado co que se chegaría ao descanso.
Na reanudación o noso equipo vería como o Rábade FS collería vantaxe no encontro no minuto 23 para situar o marcador no 4-3.
Non sería ata o minuto 37 cando o Rábade anotaría o seu quinto gol, acadando así unha vantaxe de dous goles que serían suficientes para acadar os tres puntos a pesares de que Pablo Antas anotaría o que despois sería o definitivo 5-4 un minuto despois.
Con este resultado, e a sorprendente victoria de Jogafán Ordes FS ante o A Baña FS, os nosos caen un posto en detrimento do cadro de Ordes, situándose no 4º posto, un punto por debaixo do equipo vermello, e un punto por riba do propio Rábade FS, quen agora sitúase no último posto que da acceso á fase de ascenso.
As rapazas do Cobre San Rafael volven gañar.
As rapazas de José Manuel e Esteban voltaron á senda da victoria e lograron os tres puntos na súa visita A Estrada, equipo que actualmente ocupa a 4ª plaza da clasificación.
Nunha primeira metade onde nos primeiros 20´ o marcador non se movería ata que Bárbara inaugararía o marcador no minuto 21, que colocaría o 0-1 no elecgtrónico, co que se chegaría ao descanso.
Na 2ª metade o partido non tería goles ata chegares ao minuto 35, onde as locais lograrían empatar o encontro. Pero no minuto seguinte un bo gol de Eva Lema devolveríalle a vantaxe ás santiaguesas.
Xa nos minutos finais Nuria e Mon anotarían dous goles que lles darían a tranquilidade no electrónico cun 1-4, resultado final.
Con esta victoria o equipo segue 3º clasificado, un punto por debaixo de Ventorrillo e A Fervenza Narón O Freixo, pero cun partido menos.
Xornada dominical.
O Fink Orfebres segue sen vencer.
Enfrontabanse os rapaces de Kin a un equipo que anda polos postos altos da táboa clasificatoria como é o Lago Sport neste encontro correspondente á xornada 20 da categoría Infantil Preferente e como era de esperar os puntos viaxaron cara As Pontes.
O certo é que o equipo do Lago Sport apenas deu chance á sorpresa e así xa primeira metade o resultado sería dun claro 1-4 para os rapaces de azul. Neste tempo o gol dos nosos sería anotado por Noel Cela.
A segunda parte estaría algo máis igualada e o parcial de 2-3, que poría o resultado definitivo de 3-6, da mostras de que os rapaces de Kin loitaron o que puideron. Aarón Liste e Aarón Fernández anotaron os goles dos nosos nesta segunda metade.
Os Alevíns lanzados.
Os rapaces do Eimas Café & Copas conseguen os 3 puntos no que sería o terceiro partido dos nosos equipos de Preferente ante o Lago Sport. Os rapaces de Carlos conseguiron a victoria xa na primeira parte. A pesares de un irreal empate a 1 gol no minuto 4, os nosos alevíns conseguiron xa na primeira parte tres goles máis co que se chegaría ao descanso cun claro 4 goles a 1 a prol dos nosos. Nesta primeira parte Iago Sánchez, Manuel Rivas, Lois Cantelar e Pablo Couso serían os anotadores. O gol de Rodrigo Porto na segunda parte porían o definitivo 5-2.
Así con esta victoria o Alto do Vento FS Eimas Café & Copas continua no alto da clasificación con 2 puntos sobre o segundo clasificado, o ADC Lugo Sala, aínda que os nosos teñen un partido menos.

Empate do Bigmat Lucas.
O noso equipo de Preferente Galicia Senior non puido pasar do empate a 2 goles no partido que o enfrontaba ao Vilalba FS nun partido onde os nosos contaban con baixas importantes por diferentes motivos: Rucho e Nico Mos, por problemas físicos, Brais Riveiro e Martín por motivos persoais.
O encontro foi un partido extrano onde os rapaces de Marquitos terían que loitar moito ante un bo rival quen na primeira parte disporía das mellores ocasións a pesares de ser os nosos quen destacaba na posesión de balón. Esto daríalle aos nosos a posibilidade de anotar primeiro gracias a un gol de Pablo Antas a pase de Pablo Bas. Pero tan só dous minutos despois o equipo vilalbés anotaría o empate a 1 gol co que se chegaría ao descanso.
Na reanudación o equipo de Marquitos subiría un punto a presión a nivel ofensivo o que lles permitiría ter varias ocasións claras de gol desbaratadas polo gardamallas visitante. Tan volcado estaba o encontro contra a portería do equipo das terras lucenses que nunha contra chegaría o 1-2 para os visitantes gracias a unha impresionante vaselina.
Pero os nosos non se rendirían e tras un posible non pitado na área lucense chegaría o empate por mediación de Óscar Aldrey cun bo disparo cruzado.
Xa con porteiro xogador os colexiados non pitaron unha falta moi clara cometida sobre Saúl, quen facía de porteiro xogador, o que provocaría unha pequena tangana que terminaría con este mesmo xogador expulsado.
O punto aínda non sabe mal logo da derrota do Jogafán Ordes FS quen perdía na Fonsagrada, a pesares de que de vencer houbera supusto unha pulo importante para conseguir aferrarse a esa terceira posición, toda vez que tanto Os Meigallos FS como A Baña FS, equipos que se enfrontaron esta semana con victoria para os segundos, parecen inalcanzables.
O próximo desprazamento será a Rábade ante un equipo que agora mesmo ocupa a última praza que da acceso aos playoffs de ascenso.
O Talleres Jesús Sánchez vence ao pechacancelas.
Importantísima victoria para os rapaces de Javi coa que prácticamente garanten a súa continuidade na categoría Preferente Cadete ante o último clasificado Lago Sport.
Os nosos cadetes sabían da importancia deste encontro e xa dende o primeiro minuto asediaron a portería dos rapaces de As Pontes acumulando ocasións que pouco a pouco foron acertando, iniciando a conta Andrés Martínez
Erros do Lago permitirían pouco despois a Breixo ampliar a vantaxe e anotar o 2-0 logo dun mal control por parte da defensa vistante, ao igualque o gol de Alfonso López, quen aproveitaría un erro na saída de balón do Lago para, logo de desfacerse con tranquilidade do defensa cun bo recorte, anotar o terceiro gol. Nesta primeira parte poría o broche novamente Breixo gracias a un forte disparo desde dez metros na saída dun córner.
Na segunda metade o guión de partido seguiría sen cambios. Dous goles de Tomás Cabaleiro e outro máis de Álex Boquete porían o definitivo 7-1 no electrónico.
Desta maneira os rapaces de Javi conseguen poñer distancia de 13 puntos ante o Casás, equipo que marca o límite do descenso, aínda que estes teñen un partido menos.
Xornada dominical.


Gran victoria do Bigmat Lucas.
A pesares de presentarse ao encontro disputado no día de onte en Betanzos ante un Troula Betanzos FS, equipo que vive comodamente na zona media da táboa clasificatoria, con 9 xogadores, os nosos rapaces acadaron unha boa victoria ao venceres por un resultado de 2 goles a 5, con Pablo Liste como bigoleador.
Comezaría golpeando o Alto do Vento FS gracias a un gol de Brais Riveiro, que sería o que iniciaría a xogada e tamén a remataría pouco despois do ecuador da primeira parte.
Pouco despois de recibir o empate, unha xogada de picardía de Pablo Bas permitiríalle plantarse só diante do porteiro local para batelo polo pao corto, tendo que disparar prácticamente dende a línea de fondo.
Xa mediada a segunda parte sen que se houbera movido o marcador, outra vez nunha xogada de córner permitiríalle a Pablo Liste probar o seu disparo desde algo maís de 10 metros, ante unha defensa en zona pasiva, que se colaría moi pegada ao longueiro.
Tres minutos despois repetiría Pablo Liste como goleador ao finalizar unha contra levada por el mesmo desde prácticamente o seu campo para anotar cun disparo polo primeiro pao.
Co Troula volcado en ataque con porteiro xogador faltando 7´ para o final un bo roubo de balón permitíulles a Sául saír á carreira para cederlle o balón a Óscar Aldrey para que este empurrara o balón dentro da portería baleira do cadro betanceiro.
Doble derrota na base.
O Talleres Jesús Sánchez perde e corta a súa racha.
Os rapaces de Javi caeron derrotados ante o 5 Coruña por un contundente 8-2 nun encontro moi extrano onde os nosos deron a cara a pesares do abultado do resultado.
O primeiro gol sería para os nosos por mediación de Pedro Antón García no minuto 7. O 5 Coruña conseguiría darlle a volta ao marcador en tan só un minuto, no 17´ e 18´. Os nosos acadarían o empate a falta de 2´ para o descanso por mediación de Mateo Suárez. Pero nunha xogada desafortunada Anxo Vilar anotaría ao 3-2 en propia porta xusto antes de encarar o camiño de vestirarios.
Na 2ª parte os nosos non se repuxeron do golpe e apenas puideron ofrecer resistencia ante os coruñeses.
A pesares desta derrota nada cambia na parte baixa da tábao clasificatoria, cos nosos a 10 puntos dos postos de descenso.
O Infantil Preferente segue sen vencer.
Os rapaces de Kin voltaron de Coruña, no que supoñía o segundo partido dos nosos ante o 5 Coruña, e voltaron cunha derrota moi abultada, como lles sucedera ao Cadete Preferente, e o resultado de 7 goles a 0 a prol dos coruñeses, da boa mostra desto.
Con esta derrota os rapaces do Fink Orfebres descenden un posto na táboa e sitúanse a tan só catro puntos por riba dos postos de descenso que agora mesmo marca Os Meigallos con 12 puntos.
Dúas victorias e unha derrota.
Segunda victoria dos Cadetes de Preferente.
Os rapaces dirixidos por Javi colleitaron esta fin de semana a súa cuarta victoria consecutiva logo de vencer ao Casás, equipo que ocupa o límite dos postos de descenso, e conseguir así distanciarse da zona quente da táboa clasificatoria por abaixo en 10 puntos, con ámbolos dous equipos co mesmo número de encontros disputados, 17.
O encontro estivo disputadísimo como demostra que ao longo de maior parte do partido a igualdade fora a tónica dominante. Cada vez que o Alto do Vento FS conseguía anotar, o Casás atopaba o empate maís pronto que tarde. Os goles de Antón López, conseguidos na primeira parte, eran neutralizados polo equipo visitante co que o resultado ao final dos vinte primeiros minutos sería de empate a 2.
Pero na reanudación os nosos rapaces aplicaronse ben en defensa e no minuto 27 Alfonso López anotaría o 3-2, resultado co que se chegaría aos minutos finais do encontro, sen que o Casás atopara maneira de empatar o partido. Sería Tomás Cabaleiro que a falta de tres minutos para o final poría o definitivo 4-2 a prol dos nosos.
Problemas para o Fink Orfebres.
Os rapaces de Kin veronse novamente superados no encontro, esta vez ante o Casás, equipo situado na terceira posición da táboa, nun encontro que non se deciría ata os minutos finais do encontro, xa que no minuto 45 o resultado que reflexaba o luminoso era de empate a 3 goles.
Yago Iglesias e Aarón Liste conseguirían neutralizar os goles visitantes. Iago Hombre conseguiría anotar o 3-2 que poñía aos nosos por diante no minuto 40, pero unha avalancha por parte do Casás provocou que no minuto 45 acadaran o empate, o que supuxo un duro golpe para os intereses dos nosos rapaces, e nos seguintes minutos o Casás anotaría 3 goles máis cos que se levaría os tres puntos.
Susto dos rapaces do Eimas Café & Copas.
Os rapaces dirixidos por Carlos Rivas non tiveron un encontro doado esta fin de semana no que supoñía o terceiro encontro contra un equipo do Casás, pero acadaron a victoria moi xusta por 3 goles a 2 ante un equipo que anda navegando polos postos de descenso sen moitas opcións de salvar a categoría.
O certo é que os nosos tiveron que tirar de épica xa que o Casás saeu a morder con todo e no minuto 13 xa ía con dous goles de vantaxe no marcador para sorpresa de todos. A reacción do Alto do Vento FS Eimas Café & Copas pronto aparecería e un minuto antes de encamiñarse para os vestiarios logaría recurtar distancias no marcador por mediación de Adrián Souto, quen sería o anotador dos outros dous goles que acadarían os nosos xa na segunda metade, chegando o gol da victoria cando só restaban dous minutos para o final do encontro.
Cal e area nos equipos senior.
O Bigmat Lucas suma e segue.
Os rapaces de Marquitos acadaron unha boa victoria esta fin de semana ante un Fisober FSF, instalado na zona media da tábao, quen utilizou a individualidade coma seña de perigo na primeira parte conseguindo así inquedar a Pulpo. Os nosos traballaban moito o xogo colectivo e a final tiveron un resultado exitoso. Así, Nico Mos abriría o encontro cun tiro cruzado dende fora da área, Brais Fernández cun tiro lonxano de falta, aproveitando da mala colocación da barreira, Brais Riveiro cun bo tiro cruzado moi colocado e Óscar Aldrey, cunha asistencia de Brais Fernández, farían que os nosos chegaran ao descanso cun marcador de 4 goles a 2.
Na segunda metade Marquitos optou por mandar aos seus rapaces a un defensa non tan presionante para así evitar as individualidades dos homes vestidos de negro hoxe, co que as axudas defensivas eran máis fáciles de facer, desactivando así o perigo. Nesta parte, Brais Fernández, Pablo Bas, Pablo Liste e Brais Riveiro serían os anotadores para levar o definitivo 8-3 que lles darían os 3 puntos para seguir na loita por esa fase de ascenso.
A semana que ven deberán ir a Betanzo a xogar contra o Troula Betanzos FS, situado nas posicións altas da táboa.
Derrota das rapazas.
O Cobre San Rafael tiña un partido complicado esta fin de semana en Narón onde xogaban contra as terceiras clasificadas, a Fervenza – Narón Freixo, quenes lograron a victoria in extremis. As rapazas dirixidas por José Manuel e Esteban foron durante todo o encontro por debaixo, e grazas aos goles de Mon, Eva e Nuria, xunto cun gol en propiam permitironlle ás nosas chegar ata o final do encontro con posibilidades de victoria, algo que se escaparía no derradeiro minuto do encontro.
Desta forma as nosas seguen con dous puntos de vantaxe por diante do Ventorrillo FS, pero cun partido menos, rival co que se enfrontará a vindeira semana, que podería supor darlle un golpe letal á liga.
Importante victoria.
O Talleres Jesús Sánchez vence.
Os rapaces de Javier enfrontaban esta fin de semana un partido importante este domingo, logo da suspensión da xornada do sábado, cun encontro onde o rival era un dos equipos que se encontran na loita por non descender como é o Caranza FS.
Así, cos nervios propios dun partido onde ambos equipos se xogaban moito, os rapaces de Javi saíron a por todas e así foi como se adiantarían no marcador por mediación de Jesús Uzal. Pero xusto antes do descanso o Caranza anotaría o gol do empate co que ambos equipos iríanse ao vestiario co resultado de 1-1 no electrónico.
Pero xa nos primeiros compases da 2ª parte os nosos poríanse por diante do marcador gracias a un gol de Tomás Cabaleiro, e xa non permitirían aos locais volver a meterse no partido. Os goles de Breixo Torres e, novamente, Tomás Cabaleiros porían o definitivo 1-4 a prol dos nosos.
Con esta importantísima victoria o Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez sitúase en séptima posición, cos equipos 8º, 9º e 10º nun pano de 3 puntos, pero co límite marcado polo Casás, o primeiro equipo en postos de descenso a 7 puntos, co que supoñen dúas victorias e un empate de vantaxe para os nosos.
Xornada suspendida.
Os partidos do sábado suspendidos polo tempo.
Os partidos de categoría Preferente Senior, Infantil e Alevín, xunto co Senior Feminino de Autonómica, os dous partidos de Cadetes, e o Eimas Café & Copas B, que se deberían haber xogado o sábado foron suspendidos ao declarar a Xunta a prohibición de poder celebrar encontros de fútbol sala en toda Galicia.
Cal e area na base Preferente.
O Eimas Café & Copas segue líder.
Partido moi desputado o que tiveron que afrontar os actuais líderes da Preferente Alevín ante un Ribeira FS que vendeu cara a súa derrota.
Os rapaces de Carlos Rivas cementaron a victoria nos primeiros compases do encontro e xa no primeiro minuto poríanse por diante gracias a un gol de Manuel Fontao. Tan só seis minutos despois Adrián Souto anotaría o 2-0 a prol dos nosos, resultado que non se movería ata prácticamente o final do encontro onde o Ribeira FS lograría o gol da honra no minuto 39.
Con esta victoria o Alto do Vento FS Eimas Café & Copas continua líder na táboa clasificatoria con tres puntos de vantaxe ante o ADC Lugo Sala, e a próxima semana terá un partido complicado ante o 4º clasificado SDC y R Narón O Freixo.
Seguen os malos resultados para os infantís de Kin.
Dura derrota do Fink Orfebres ante o líder Ribeira FS cun contundente 1-10 a prol dos lucenses, quenes no descanso xa ían vencendo por un duro 0-5. O gol da honra dos nosos sería anotado por Yago Iglesias, o que suporía o 1-7. Tres goles máis visitantes porían o resultado final de 1-10.
Suma e seguen os equipos senior.
O Bigmat Lucas pasa o trámite co pechacancelas.
Os rapaces de Marquitos despacharon un encontro sen moita historia contra o Club Lemos, pechacancelas da categoría, que se presentaba ao encontro con tan só seis xogadores.
O partido en sí foi un trámite e o equipo así o tomou, cun xogo pouco intenso o que provocou algunha reprimenda por parte do míster, a pesares de que ao descanso chegaría vencendo con un claro 4-0, obra de Pablo Bas, Brais Fernández, Óscar Aldrey e Nico, pero eso sí, errando ocasións moi claras que en encontros de máis impacto poderían traer malas consecuencias.
Na segunda metade saíron completamente adormecidos, como demostra o feito que nos primeiros intres deste período o Club Lemos acurtaría distancias con dous goles que apretaron o encontro co 4-2.
Un tempo morto dos nosos fixeron que o encontro voltaría a camiños máis favorables e así comenzaron a presionar máis, aínda que o acerto de cara a meta seguiría sendo mellorable, ata que Brais Fernández anotaría o 5-2. Óscar Aldrey e Pablo Bas finiquitarían o encontro con dous goles máis que porían o definitivo 7-2.
O próximo encontro será un partido importante xa que deberán render visita ao Casás, equipo que está na loita polas prazas de ascenso.
Victoria traballada das rapazas.
O Cobre San Rafael feminino venceu na súa visita a Ordes nun encontro que se tivo que resolver na 2ª metade logo dunha primeira parte onde a igualdade no electrónico foi a constante.
A primeira parte comenzou cun tempraneiro gol de Nuria Paz xa no primeiro minuto, que sería contestado no minuto seguinte, pero cinco minutos despois Mon anotaría o 1-2 que poría ás nosas por diante durante moitos minutos, pero a falta de seis minutos para o descanso o Jogafán Ordes FS anotaria o gol do empate. Eva Lema, cando só restaba un minuto para coller o camiño de vestiarios anotaría o gol que suporía a vantaxe das nosas no descanso.
Na segunda metade o Jogafán Ordes anotaría o gol do empate aos cinco minutos da reanudación, o que suporía como acicate para as nosas que se puxeron as pilas e comenzarían a traballar a victoria. Dous goles de Eva Lema, outros dous de Nuria Paz e un de Mon Torras levarían ao electrónico a un punto máis favorable para os intereses das rapazas de Xosé Manuel e Esteban. Elena Segade anotaría o definitivo 4-9.
Con esta victoria todo segue igual no cumio da clasificación onde as nosas seguen líderes destacadas con 8 e 9 puntos con respecto as súas perseguidoras.
Dobre victoria nas categorías senior.
O Bigmat Lucas segue na loita.
Os rapaces de Marquitos conseguiron unha moi traballada victoria cun resultado curto pero xusto ante un equipo como FSF Castro que vendeu cara a súa derrota por 0-2, como se reflexaría no electrónico ao final dos corenta minutos.
A balanza para os nosos empezaría a decantarse cando so faltaba un minuto para ir a vestiarios e seria grazas a un disparo de Nico Mos, logo dun saque de banda a prol dos nosos que un defensa local non acertaría a despexar e metería o balón na súa portería, xa que Pablo Bas estaba en segundo pao ca cana preparada.
Coa vantaxe que daba o gol anotado antes do descanso, o que tamén suporía un mazazo anímico para os locais, deberían esperar case 14´ máis para que o Alto do Ventos FS pechase o encontro cun gol, agora sí, de Pablo Bas, logo da loita de Nico Mos durante toda a xogada previa, que lle permitiría servirlle ao 14 dos nosos anotar o gol da tranquilidade.
A próxima xornada recibirán a visita do pechacancelas da categoría, o Club Lemos FS.
Un pasiño máis para o Cobre San Rafael.
As rapazas dirixidas por José Manuel e Esteban deron este sábado un pasiño máis para revalidar o título de liga que xa levan 2 anos seguidos gañando, e venceu ao Valdetires Ferrol FSF cun contundente 6-0, partido finiquitado xa na primeira parte onde se anotaron tódolos goles.
O partido non tivo misterio ningún e de non ser porque as rapazas do Cobre San Rafael dicidiron sestear na 2ª metade, onde tamén unha boa actuación da porteira visitante do cadro departamental, o resultado podería ter sido moito máis abultado.
Os goles de Mon, un golazo de falta para inaugurar o electrónico, de Elena e Bárbara, tamén cunha boa maniobra dentro da área, serían a antesala dun hat-trick de Nuria Paz, quen se sitúa como máxima goleadora da categoría, significarían tres puntos máis para as nosas rapazas.
A próxima xornada as rapazas xogaran contra o Jogafán Ordes FS, situadas en 8ª posición.
Base Preferente.
O Eimas Café & Copas continua na cabeza.
O equipo de Preferente Alevín acada unha cómoda victoria a domicilio ante un dos equipos da zona baixa da clasificación como é o CMI Unidade de Fene por un resultado de 1 gol a 6
O certo é que o partido non supuxo un grande obstáculo para os rapaces de Carlos Rivas, a pesares de que o equipo chegou ao descanso vencendo por dous goles gracias as anotacións de Luis Ferreiro e Manuel Rivas prácticamente chegando ao tempo de vestiarios.
Na segunda metade os rapaces mantiveron o ritmo de encontro anotando dous goles máis por mediación de Iago Sánchez e David Santiago, antes do gol local. Pecharía o resultado Lucas Castro anotando o sexto gol no minuto seguinte.
Derrota do Fink Orfebres.
Os rapaces de Kin caerían ante un dos equipos da zona baixa da táboa cun equipo pragado de baixas, tantas que ata se tiveron que facer dúas fichaxes de última hora para poder contar con suficientes fichas A.
O equipo mantivose na loita polo partido a pesares de ir perdendo ao longo de todo o partido, pero o feito de ter pezas novas influía negativamente no xogo dos nosos xa que se notaban a falta de cohesión nos xogadores. Comenzaría o encontro cun 2-0 a favor do equipo noiés, acurtando distancias por mediación de Leo Sánchez, quen sería expulsado de maneira rigurosa na 2ª metade por unhas supostas protestas ao árbitro do encontro. Golpearía novamente o Noia FS pero a continuación voltaría a vantaxe dun gol gracias a Yago Iglesias. Un gol preto do descanso levaría ao contendentes a vestiarios cun resultado para os locais de 4-2.
Na segunda metade cando o Alto do Vento FS Fink Orfebres parecía que empezaba a combinar ben, cun par de xogadas que a piques estiveron de dar resultados, o Noia FS anotaría dous goles que porían unha losa que os nosos non serían capaz de levantar. Sergio Rey anotaría o definitivo 6-3.
Con este resultado o equipo de Kin sitúase 6 puntos por riba dos postos de descenso que marcan o SDC y R Narón O Freixo e Noia FS, con 10 puntos, ambos. A oitava posición deberá ser defendida con todo ante o A.D. Codima, 9º con 13 puntos e Os Meigallos, 10º con 12 puntos.
Victoria importante do Talleres Jesús Sánchez.
Segunda victoria consecutiva dos rapaces de Javi nun encontro marcado en vermello no calendario polo rival, o Noia FS, a priori un dos equipos que postulan para o descenso, e que pola suspensión do encontro do Casas, poñen sete puntos de por medio.
O encontro non comezaría ben para os nosos que verían como aos dous minutos o Noia FS poñíase por diante. Pero catro minutos despois Jesús Uzal anotaría o empate. Habería que esperar case 15´ máis para que os nosos cadetes conseguiran poñerse por diante no marcador gracias a un gol en propia porta, o que poría o 1-2 co que se chegaría ao descanso.
Na segunda metade o Talleres Jesús Sánchez aumentaría a presión no xogo e cun parcial de catro goles a prol dos nosos anotados por Breixo Torres (2), Jesús Uzal e Alejandro Boquete colocarían o definitivo 1-6 no electrónico.
Con esta victoria o Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez sitúase en 8ª posición, un punto por debaixo do CD Laca, e un punto por riba de Ribeira FS e Caranza FS, 9º e 10º respectivamente, e sete puntos por riba dos postos de descenso, como xa comentaramos.
Resumen.
Como resumen do que levamos de temporada 25-26, en canto as categorías de Preferente se refire, temos máis cousas positivas que negativas.
Alto do Vento FS Bigmat Lucas (Senior Preferente)
Por unha parte, e indo de máis a menos idade, os rapaces de Marquitos, o Bigmat Lucas, está facendo unha meritoria tempada a pesares das baixas coas que comenzaron a liga. As baixas que se produciron foron significativas sobre todo porque se perdía moito gol, se temos en conta da xente que decidiu tomar outro camiño. Pero con traballo e seriedade, o Alto do Vento FS Bigmat Lucas atópase en postos de promoción de ascenso, situados en 3ª posición, empatados co 4º clasificado o Casas, e 2 puntos por riba do 5º clasificado, o Jogafán Ordes FS, os outros equipos, xunto co A Baña, serían os que disputarían os play-off de ascenso.

Alto do Vento FS Cobre San Rafael (1ª Autonómica Femenina)
Pola súa parte as rapazas do Cobre San Rafael mantéñense firmes na primeira posición da táboa clasificatoria cunha boa vantaxe sobre as súas perseguidoras, neste caso o Ventorrillo FS e A Fervenza Narón o Freixo. As sensacións das rapazas dirixidas por José Manuel e Esteban son moi positivas, a pesares de ir a xogar moi xustas de xente, e nalgúns casos incluso con 5 xogadoras nada máis. Se os resultados seguen coa mesma tendencia os partidos ante os equipos perseguidores deberían ser os que marquen os tempos para que, salvo desgracia, o equipo entone o cántico de campionas de liga, o que suporía a 3ª liga consecutiva.

Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez ( Cadete Preferente)
Os rapaces dirixidos por Javier teñen traballo por diante neste novo ano se non queren verse apurados e agora mesmo deben loitar por no caer en postos de descenso. Situados no 9º posto, os nosos rapaces están, con 18 puntos, catro por riba do Casas, equipo que marca os postos de descenso. CD Laca, un punto máis, e o Ribeira FS, un punto por abaixo, son os outros equipos que van a ter moito que decir nesta segunda volta. Unha das boas novas que pode ter o equipo é que todos os partidos importantes deberán ser xogados como locais.

Alto do Vento FS Fink Orfebres ( Infantil Preferente)
Os rapaces de Kin están nunha situación un pouco máis desfogada que os seus compañeiros cadetes, pero sen ningún momento de relaxación. O feito de que nesta liga os equipos que descenden son tres e non catro, dan un pouco máis de marxe. Con 6 puntos por riba do S.D.C y R. Narón O Freixo, equipo que marca o descenso, deberán dar un plus de esforzo para tratares de alonxarse canto antes desa zona perigosa.

Alto do Vento FS Eimas Café & Copas ( Alevín Preferente)
Os rapaces de Carlos Rivas, xunto coas rapazas do Cobre San Rafael, están pelaxando por quedar campións desta categoría que, polo visto ata o de agora, está sendo moi disputada. Cun balance de 13 victorias e 1 derrota, esta producida contra o segundo clasificado, o ADC Lugosala, da boa conta da dificultade que esta liga vai ter, e como non poderán ter un minuto de relaxación se se trata de quedar campións, algo que o teñen moi a man, sen perder de vista o resto dos equipos que están ahí arriba, co 5 Coruña situado en terceira posición con 6 puntos de marxe a prol dos nosos.

O Cobre San Rafael ponse ao día.
O partido adiado no seu día ante o Rodeiro FSF por problemas no pavillón en Rodeiro, o encontro finalmente dísputouse o pasado día 2 e as cousas non puideron saír mellor para as nosas rapazas, esta vez dirixidas por Esteban pola baixa de José Manuel.
O partido apenas tivo historia como demostra o feito de que as nosas rapazas venceron claramente a un equipo que non fai moito era dos chamados a disputarlle o título as rapazas do Cobre San Rafael. Pero o resultado de 9 goles a 1, xa cun 0-6 ao descanso, deixa claro a superioridade das nosas rapazas. Elena e Nuria, con 3 goles cada unha, acompañaron a Mon, Eva e Uxía, foron as goleadoras da noite.
Con este resultado o Alto do Vento FS Cobre San Rafael segue no alto da clasificación sacándolle 8 puntos as segundas clasificadas o Ventorrillo FS e 9 puntos as terceiras clasificadas A Fervenza Narón O Freixo, con 10 xornadas por disputarse.
O próximo encontro será o que enfrente as nosas rapazas contra o Valdetires Ferrol, equipo situado na zona media da táboa.
Derrota do Bigmat no cumio.
Os rapaces de Marquitos caeron esta tarde no partido ante o A Baña, 2º clasificado, nun partido moi disputado onde os detalles foron claves na derrota dos nosos.

A primeira parte estivo moi igualada onde o Alto do Vento FS estivo moi enchufado, pero unha perda de balón no medio do campo permitiulle aos visitantes anotar o primeiro gol do encontro cun disparo desde a frontal que «Pulpo» non puido atallar.
Pero o partido empezou neste momento a enturbiarse (moito tiveron que ver os colexiados do encontro) e ambos equipos chegaron as 5 faltas, o Alto do Vento cando aínda restaban máis de 8´ para o descanso, e A Baña a falta de 2´. Os visitantes dispuxeron dun dobre penalti que non foron capaces de aproveitar lanzando fóra o balón. Pero non así Brais Fernández, quen anotaría a falta de 1´ a pesares de que Periquillo case saca o seu lanzamento.
Na reanudación o partido mantivo o guión en canto a intensidade se refire, co Alto do Vento un punto por riba de A Baña en canto a xogo, pero sen chegar a definir, ao igual que os nosos que tiveron un par de ocasións moi claras para poder adiantarse no marcador. Mediado o segundo tempo un balón posto en largo polo gardamallas visitante e as dúbidas de «Pulpo» na saída, permitíronlle A Baña adiantarse no marcador gracias a un remate de cabeza. O Alto do Vento FS continuou cun xogo máis colectivo, mentres que A Baña tentaba aumentar a diferencia no marcador gracias a xogadas individualidades e estratexia.
Tres minutos despois unha mala saída de balón dos visitantes con porteiro xogador permitiríalle a Pablo Liste roubar o balón no medio do campo para anotar o empate a 2 cun disparo co exterior.
Pero os rapaces de Marquitos non poderían sacar nada positivo xa que os homes de Oscarín adiantaríanse no electrónico nun disparo lonxano tras unha débil defensa e mans brandas do porteiro e situarían o definitivo 2-3 cando faltaban 5´ para o final.
Base Preferente.
Os alevíns do Eimas Café & Copas segue en racha.
Os rapaces de Carlos rematan o ano como líderes da categoría Alevín Preferente tras a victoria colleitada esta fin de semana ante o Esteo FS nun encontro resolto de forma moi contundente como demostra o resultado de 7-1 para o cadro santiagués.
A victoria cimentouse xa na primeira parte onde os rapaces do Eimas Café & Copas chegaría a anotar 3 goles gracias a Iago Sánchez, autor de dous goles, e un gol en propia meta.
Na segunda metade os nosos rapaces non levantaron o pe do acelerador e anotarían 4 goles máis gracias a Iago Sánchez de novo, outro gol en propia porta, e goles de Lois Cantelar e Adrián Souto.
Mala derrota dos infantís
Os rapaces de Kin caerían esta semana ante o Esteo FS, un encontro onde segundo a táboa tiña moita igualdade.
O certo é que os rapaces do Fink Orfebres non encarou nunca o encontro con posibilidades xa que ao descanso iría cun 1-3 abaixo no electrónico,a pesares do gol de Iago Hombre, resultado que se vería incrementado na reanudación para situar o 2-4. Recurtaría distancias Yoel Cela, pero o equipo de Pontedeume poría terra de por medio anotando o 2-5. Nun arreón final dos rapaces de Kin apretaría o marcador ata o 4-5 gracias aos goles de Iago Hombre e un gol en propia porta dos visitantes, este a falta de 1´ para o final, pero o gol do empate non chegaría.
Con este resultado os rapaces do Fink Orfebres sitúanse con 16 puntos, catro por riba dos seus máis inmediatos perseguidores, e a seis da zona de descenso.
Victoria balsámica dos cadetes.
Os rapaces de Javi acadarían a victoria na xornada dominical ante o terceiro clasificado, o Fútbol Sala Pontedeume cun axustadísimo 6-5 logrado no último minuto do encontro. Alfonso López, con dous goles, e Andrés Martínez acadarían a remontada do gol inicial visitante a falta de 6´ para o descanso, ao cal se chegaría co resultado de 3-2.
Na reanudación os rapaces do Talleres Jesús Sánchez anotarían o cuarto gol gracias a Jesús Uzal, pero uns minutos de relaxación nas nosas filas provocou que o FS Pontedeume anotara dous goles que porían as táboas no electrónico cando faltaban 13´ para o final. Tempo suficiente para que o Alto do Vento FS se adiantara gracias a Álex de la Calle e lograra empatar outra vez o equipo visitante. A falta de 1´ chegaría a ledicia para os nosos logo do gol de Tomás Cabaleiro, o que suporía o 6-5 co que se chegaría ao final do encontro.
Con este resultado os rapaces do Talleres Jesús Sánchez sitúanse a catro puntos do descenso que marca agora mesmo marca o Casás, undécimo clasificado, e un punto por riba do Ribeira FS.
Derrota do Bigmat no cumio.
Os rapaces de Marquitos caeron esta tarde no partido ante o A Baña, 2º clasificado, nun partido moi disputado onde os detalles foron claves na derrota dos nosos.

A primeira parte estivo moi igualada onde o Alto do Vento FS estivo moi enchufado, pero unha perda de balón no medio do campo permitiulle aos visitantes anotar o primeiro gol do encontro cun disparo desde a frontal que «Pulpo» non puido atallar.
Pero o partido empezou neste momento a enturbiarse (moito tiveron que ver os colexiados do encontro) e ambos equipos chegaron as 5 faltas, o Alto do Vento cando aínda restaban máis de 8´ para o descanso, e A Baña a falta de 2´. Os visitantes dispuxeron dun dobre penalti que non foron capaces de aproveitar lanzando fóra o balón. Pero non así Brais Fernández, quen anotaría a falta de 1´ a pesares de que Periquillo case saca o seu lanzamento.
Na reanudación o partido mantivo o guión en canto a intensidade se refire, co Alto do Vento un punto por riba de A Baña en canto a xogo, pero sen chegar a definir, ao igual que os nosos que tiveron un par de ocasións moi claras para poder adiantarse no marcador. Mediado o segundo tempo un balón posto en largo polo gardamallas visitante e as dúbidas de «Pulpo» na saída, permitíronlle A Baña adiantarse no marcador gracias a un remate de cabeza. O Alto do Vento FS continuou cun xogo máis colectivo, mentres que A Baña tentaba aumentar a diferencia no marcador gracias a xogadas individualidades e estratexia.
Tres minutos despois unha mala saída de balón dos visitantes con porteiro xogador permitiríalle a Pablo Liste roubar o balón no medio do campo para anotar o empate a 2 cun disparo co exterior.
Pero os rapaces de Marquitos non poderían sacar nada positivo xa que os homes de Oscarín adiantaríanse no electrónico nun disparo lonxano tras unha débil defensa e mans brandas do porteiro e situarían o definitivo 2-3 cando faltaban 5´ para o final.
O Cobre San Rafael sen encontro.
O partido das rapazas do Cobre San Rafael viron como o seu partido ante o Rodeiro FSF que se debería disputar hoxe as 17:00 suspendeuse por problemas de humidade no pavillón.
Base Preferente.
Os alevíns do Eimas Café & Copas segue en racha.
Os rapaces de Carlos continua coa súa xeira de victorias, esta vez ante o Hércules F.S. con algún que outro apuro como demostra o resultado que se fixo axustado nos minutos finais. Manu Rivas, trigoleador da tarde, xunto con Lois Cantelar e Pablo Couso, sendo este dous últimos quenes iniciarían cos seus goles a senda da victoria, firmarían a victoria ante o equipo herculino.
Desta forma os nosos alevíns continúan no alto da táboa con 3 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o ADC Lugo Sala, e 6 puntos sobre o 5 Coruña.
Mala derrota dos cadetes que se complican.
Os rapaces de Javi caeron derrotados no encontro de hoxe ante o Galicia Gaiteira por un resultado de 2 goles a 5. Ao descanso os nosos rapaces chegaron con empate, conseguido este a falta de menos dun minuto para o pitido do descanso por mediación de Andrés Martínez. Pero na segunda metade os visitantes subiron a intensidade anotando tres veces máis e colocando momentaneamente un claro 1-4 en contra dos intereses dos nosos. Recurtaría distancias Antón López cun disparo desde a frontal, pero outro gol a falta de poucos minutos sentenciou o partido.
Con esta derrota o Talleres Jesús Sánchez sitúase un punto por riba dos postos de descenso que agora mesmo marca o Casás con 14 puntos. Os tres derradeiros clasificados xa están con 6, 5 e 1 punto nada máis, o que, de non existir sorpresas serán equipos de descenso.
Por riba sitúanse con 17 puntos o Caranza e o Ribeira e con 18 o CD Laca, con quenes deberán pelexar por subir posicións na táboa.
Pleno victorias no senior.
O Bigmat Lucas vence pola mínima
Os rapaces de Marquitos acadou os tres puntos cementando a súa victoria cos goles acadados na 1ª parte, o primeiro logo dunha desafortunada xogada onde os locais anotáronse o gol en propia porta, e logo Óscar Aldrey nun man a man ante o porteiro local. Na segunda parte os nosos fixeron un exercicio de resistencia e a pesares de recibir un gol por parte da Fonsagrada F.S. o marcador non reflexaría máis cambios e os nosos acadarían a victoria por 1 gol a 2.
Con esta nova victoria os nosos rapaces sitúanse terceiros na táboa clasificatoria con 2 puntos de vantaxe sobre os cuartos clasificados, Jogafán Ordes F.S., e un máis sobre o Casás.
Na próxima xornada disputáranse varios encontros no cumio xa que os nosos renden visita A Baña, segundos clasificados e Jogafán verase as caras ante o líder destacado O Meigallos.
As rapazas vencen na 2ª metade.
As rapazas do Cobre San Rafael acadaron a victoria nun encontro que resolveron na 2ª metade gracias aos goles de Nuria Paz (3), Mon Torras e Carla Frieiro, nun encontro que comenzaron gañando as xogadoras coruñesas do 5 Coruña por 1-0, resultado co que se chegaría ao descanso. Pero na reanudación as mulleres dirixidas por José Manuel e Esteban collerianlle o pulso o encontro e Nuria Paz traería a tranquilidade as filas do cadro compostelán gracias a 2 goles desde fóra da área. Pero as coruñesas non se ían render e acadarían o empate pouco tempo despois. Mon Torras, logo dun rexeite da porteira a un disparo seu, anotaría o 2-3, pero novamente o 5 Coruña empataría o encontro a 3 goles. Pero nun minuto Nuria Paz, acadando o seu 3º gol, e Carla Frieiro, asistida por Nuria e a pesares da oposición da defensa herculina anotaría o 3-5. A falta dun minuto as coruñesas recurtarían distancias no electrónico poñendoo en 4-5, pero sen máis cambios.
Con esta victoria as rapazas afiánzanse na primeira posición da táboa clasificatoria sácandolle 8 puntos as segundas clasificadas e 9 as terceiras clasificadas.
Suma e segue nas senior.
O Bigmat Lucas e distánciase no 3º posto.

Esta fin de semana o Bigmat Lucas acadou un victoria que, unida a outros resultados da xornada, deixano terceiro clasificado en solitario aínda que con só 2 puntos de vantaxe ante o 4º clasificado, Jogafán Ordes, que non pasaría do empate no seu enfrontmento ante o Vilalba, e 3 máis ante o 5º clasificado, o Casas. Por enriba Os Meigallos seguen ao seu vencendo os seus encontros, que o sitúan líderes con 3 puntos de vantaxe sobre A Baña, con 28 puntos, tres máis que os nosos representantes.
Esta vez o Praias de Barreiros fixo un partido serio pero a lóxica indicaba que o Alto do Vento FS debía gañar este encontro, como así foi. Abriria o marcador Pablo Liste, gracias a un gran roubo de balón de Óscar Aldrey ao porteiro dentro da área, para logo servirlle o gol en bandexa ao 9 local, Na xogada seguinte o porteiro visitante voltaría a perder un balón comprometido, esta vez ante Pablo Bas, para permitirlle a Saúl recoller o balón solto e anotar a pracer. Antes do descanso os visitantes recurtarían diferencias para chegar ao descanso con só un gol abaixo (2-1).
Na reanudación o partido apenas cambiou de guión, cunha presión alto por parte dos nosos que impedían saír cómodos ao Praias de Barreiros, Na saída de balón o rapaces de Marquitos atopaban ben as espaldas visitantes, como demostra o segundo gol de Saúl. A partires de aquí viría un show dos colexiados que se dedicaron a pitar faltas como se as regalaran o que lles permitiu a ámbolos dous contendentes dispoñer de dous dobres penaltis. Brais Fernández anotaría o seu facendo o 4-1, pero erraría o seguinte. Pola súa banda Pulpo acertaría a evitar o gol nas dúas ocasións dende os 10 metros das que dispuxo o Barreiros, quenes acadarían o definitivo 4-2 a falta de catro minutos para o final.
Cómoda victoria do Cobre San Rafael.
No derbi santiagués deste fin de semana o Alto do Vento FS Cobre San Rafael enfróntabase ao outro equipo santiagués como é o SD A Gaiola. Nun encontro onde as rapazas de José Manuel e Esteban recuperaban efectivos coa volta de Genu e Nuria, pero coas baixas de Amanda e Carla.
Nunha primeira parte onde a superioridade das nosas foi manifesta como demostra o feito de que ao descanso foran gañando 4-0. Abriría a lata Mon cun bo gol gracias a un disparo colocado ao pao esquerdo do Gaiola. A continuación Nuria acadaría o 2-0 gracias a un disparo desde fora da área cruzado. Genucha acadaría o 3-0 logo de rematar un centro de Nuria nun saque de banda para rematar sen deixala caer diante da gardamallas visitante. Bárbara anotaría o 4-0, primeiro dos seus goles, co que se chegaría ao descanso, remantando a pracer un pase de Mon.
Na reanudación as nosas rapazas apenas encontraron oposición nas contrarias, quenes dispuxeron de un par de ocasións claras desbaratadas por Elsa, quen se tivo que poñer debaixo dos paos. Bárbara anotaría o seu segundo gol, e quinto da mañan logo de aproveitar un pase medido de Nuria.
Con esta victoria as nosas rapazas seguen no alto da táboa clasificatoria, por riba de A Fervenza, sacándolle 6 puntos, mentras que logo do empate desta xornada do Ventoriillo, estas poñénse a 8 puntos.
Base Preferente.
Victoria con remontada.
0s rapaces de Carlos tiveron que remontar o seu encontro ante o ACD Pringalla, disputado esta mañán en terras lucenses.
Os rapaces do Eimas Café & Copas comenzaron o encontro cun 2-0 abaixo nun comenzo de partido desastroso para os nosos, onde ese era o resultado no minuto 3 de encontro. Pero pouco a pouco os rapaces foron entonandose e antes de chegar ao descanso acadarían recurtar diferencias cun gol de Lois Cantelar.
Na reanudación xa o cadro dirixido por Carlos devolveríalle a moeda e dous minutos conseguirían darlle a volta ao marcador cos goles de Manuel Fontao e, novamente, Lois Cantelar (24´ e 26´), e xa con ese resultado de 2-3 chegaríase ao final do encontro.

Nova derrota do Fink Orfebres.
Continua a mal xeira de resultados para os rapaces de Kin e no día de onte volveron a caer derrotados na súa visita a cancha de Os Meigallos por un resultado de 4 goles 2.
Aarón Fernández conseguiría adiantar aos nosos por dúas veces, 0-1 e 1-2, pero os locais conseguirían darlle a volta e terminar acadando a victoria nos últimos minutos de encontro.
Victoria do Talleres Jesús Sánchez.
Os rapaces do Talleres Jesús Sánchez acadaron a victoria no seu encontro ante o ADC Pringalla. Iniciaría o marcador Alejandro de la Calle, para apenas 6 minutos despois ver como os locais acadaban o empate. Pero esto duraría apenas catro minutos, xa que logo Pablo Outes anotaría o 1-2, resultado co que se chegaría ao descanso.
Na reanudación os rapaces do Alto do Vento sairían coas pilas ben postas e acadarían cinco goles máis gracias a Alex de la Calle, Alfonso López, Antón López e o doblete de Jesús Uzal. Co resultado final de 1-7 o Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez atópase na 8ª posición empatado a 18 puntos co 7º e 9º clasificados, CD Laca e 5 Coruña, respectivamente.
Suma e segue nas senior.
Boa victoria do Bigmat Lucas.

Os rapaces de Marquitos seguen coa boa xeira de victorias, a terceira consecutiva, logo de dar boa conta do Hércules FS, logo de remontar un encontro no que comezaría perdendo. Brais Fernández, Rucho (de penalti), Óscar Aldrey e Martín anotarían os goles cos que traerían os tres puntos para Santiago. A mala sorte foi a lesión de Nico López.
A xornada que ven tócalle o Praias de Barreiros, equipo que tamén navega pola parte baixa do taboleiro de clasificación.
Con esta victoria os rapaces do Bigmat Lucas sitúase cuarto clasificado, empatado a punto co Jogafán Ordes, situado 3º clasificado con 22 puntos, e 3 punto por riba do Casas, 5º clasificado.
Victoria chea de baixas do Cobre San Rafael.
As rapazas dirixidas por José Manuel e Esteban acadaron un victoria contundente na súa visita ao Silva S.D. por 11 goles a 3, onde as nosas representantes acudiron ao encontro con tan só 5 xogadoras: Elsa, Elena, Mon, Bárbara e Carla.
Con este panorama o partido foi un mero trámite onde Elsa (2), Mon (2), Carla (4), Bárbara (2) e Elena anotarían os goles a prol das nosas.

Con esta victoria as rapazas continúan na primeira posición da táboa, agora con 6 puntos sobre as segundas clasificadas, A Fervenza e O Distrito Ventorrillo, logo de que estas últimas perderan o seu encontro ante o Rodeiro FS.
Xornada dominical
Retoma a victoria.
Logo do tropezo da semana pasada os rapaces do Alto do Vento FS Eimas Café & Copas retornou á senda da victoria e dou boa conta do Parrulo FS na Preferente Alevín.
Os rapaces de Carlos venceron no seu encontro de hoxe por un claro 6 goles a 2 ante o equipo de Ferrol.

Derrota do Fink Orfebres.
Os rapaces de Kin caeron derrotados hoxe ante un rival directo como é o Parrulo FS pola mínima (1-2). Con esta derrota os rapaces do Alto do Vento FS Fink Orfebres empatan a puntos cos seus rivais de hoxe e descenden dous postos na clasificación para sitúarse 9º, con 5 puntos de vantaxe sobre o 10º clasificado que é Os Meigallo con 9 puntos.

Pleno de victorias nas categorías senior.
Victoria traballada.
O sábado os rapaces do Alto do Vento FS Bigmat Lucas recibían a visita do 5 Coruña, equipo que está loitando nos postos de abaixo, que ademáis chegaba a Santiago cos efectivos xustos.

O encontro tivo un claro dominador que foron os nosos, mentras que os coruñeses chegaron 2 veces a portería e anotarían os seus dous goles, un na primeira parte no minuto 10, que sería respostado por Pablo Bas dez minutos despois, o que poría o resultado de empate a 1 gol co que se chegaría ao descanso.
Na volta de vestiarios os rapaces de Marquitos verían como o 5 Coruña poríase por diante no marcador, co que lles tocaba remar a contracorrente un bo treito de encontro. A recompensa do empate chegaría a falta de 5´ gracias a un bo gol de Brais Fernández, cun gol de falta, e o 5 Coruña xa empezaba a notar o cansancio, non así os nosos onde as rotacións permitíronlle ao adestrador local non ter a xente importante cansada.
A falta de dous minutos sería Brais Riveiro quen poría por diante ao Alto do Vento FS Bigmat Lucas logo dun remate dende fóra da área. Tan só un minuto despois o repetiría novamente Brais Riveiro que anotaría o definitivo 4-2.
Victoria do Cobre San Rafael con baixas importantes.
No encontro das rapazas de Xosé Manuel, quen debería afrontar o encontro co Narós FS, pechacancelas da categoría con tan só 2 puntos, coas baixas importantes de Lidia, Genucha e Nuria.
Pero as nosas rapazas xogaron un partido moi serio como se vería o feito de non encaixar goles nun encontro onde as heroínas do encontro serían tanto Eva Lema como Carla Frieiro, ámbalas dúas cun doblete, que permitiría traer os 3 puntos para Santiago.
Xornada dominical
Segue a xeira de victorias.
As nosas rapazas do femenino do Cobre San Rafael continua con paso firme no liderazgo da súa categoría e este domingo dou boa conta do UD Estrada Futsal e acadou a victoria por 6 goles a 1.
O encontro comenzou cun gol no minuto 5 por parte das visitantes, pero xa no minuto 11 as nosas rapazas acadarían o empate por mediación de Elena Segade. Un gol en propia meta por parte do Estrada no 17 e dous minutos despois Carla Frieiro anotaría o 3-1 co que se chegaría ao descanso. Na reanudación Carla, novamente, Mon e Nuria anotarían os goles co que se chegaría ao definitivo 6-1 ao final do encontro.
Festival de goles.
Os rapaces do Fink Orfebres da Preferente Infantil dou un recital de goles na seu encontro en Lugo, onde tamén a defensa foi un coladero como reflexa o resultado de empate a 8 goles. Aarón Fernández, Mateo Fraga, Yoel Cela, Aarón Liste (2), Iago Hombre (3) anotarían para os nosos, quenes deixarían escapar a victoria, logo de poñerse por diante no 46´, cando só faltaban segundos para o remate do encontro nunha xogada desafortunada para os nosos.
Con este empate o Fink Orfebres colócase na metade da táboa clasificatoria con 4 victorias, 4 derrotas e 1 empate, con 13 puntos, a 2 do 3º clasificado, o Casás.
Derrota do cadete Talleres Jesús Sánchez.
Pola súa banda o Talleres Jesús Sánchez de Javi caeu derrotado no que supoñía o terceiro enfrontamento entre o Alto do Vento FS e o ADC Lugo Sala. A pesares de chegar ao descanso cun gol de desvantaxe ao descanso, rapidamente sería neutralizado Andrés Martínez, secundando o gol anotado na 1ª parte por Pepe Arias que tamén supoñía o empate a 1.
Logo dese empate no minuto 30 o ADC Lugo Sala poríase en vantaxe que acadaría aumentar no minuto 38 e 46.
Sen victorias.
1º empate da temporada.
No partido adiantado da xornada 9 da Preferente senior os nosos rapaces do Bigmat Lucas visitaron terras lucenses o pasado venres en horario de 22:00 por petición dos locais.

O encontro tivo un resultado curto a pesares das numeroas ocasións que tiveron ámbolos dous equipos; pero a falta de acerto de ambos conxuntos fixo que se chegara ao descanso con resultado de 0-0.
Na reanudación os dous contendentes seguiron coa mesma tónica da primeira parte e aínda que as ocasións se sucedían os goles non chegaban, ata que chegou o minuto 31 os locais se adiantaban no marcador. A raíz deste revés os rapaces de Marquitos tiveron que optar polo porteiro xogador, o que catro minutos despois daríalles o premio do empate logo de que Nico se fixera cun rexeite que a defensa lucense introduciría na súa propia portería.
Con tan pouco tempo por diante ambos equipos decidiron ir a pola victoria e nos seguintes minutos ambos equipos tentarían acadar a victoria co porteiro xogador, novamente, e a pesares de que os nosos rapaces tiveron boas ocasións para levar os tres puntos, o resultado de empate a 1 gol xa non se verían alterado.
1ª Derrota do Eimas Café & Copas.
Chegou a primeira derrota dos nosos alevíns na súa visita a Lugo. A pesares de comenzar o encontro adiantándose no marcador por mediación de Lois Cantelar., unha boa reacción dos locais fixeron que na primeira parte puideran non so empatar o encontro, se non alcanzar unha ampla vantaxe antes de chegar ao descanso, momento no cal o electrónico reflexaba un resultado de 4-1.
Na segunda metade os nosos rapaces tentarían de darlle a volta ao resultado pero so acadarían recurtar diferencias no minuto 31 por mediación de Manuel Rivas, quen anotaría o 4-2 que sería definitivo.
Sorte dispar na base.
Os rapaces do Eimas Café & Copas suma e segue.
Outra vez un encontro difícil para os rapaces de Carlos Rivas que finalmente conseguiu a victoria ante un Troula FS que defendeu ben como demostras que os nosos rapaces acadaran unha victoria moi importante pola mínima, 2-1, e con remontada incluida, logo do tempraneiro gol dos visitantes nos primeiros compases do encontro. Lois Cantelar acadaría o empate cando só faltaban 3 minutos para chegar o descanso.
Na volta de vestiarios o encontro seguiu sen goles por parte de ningún dos contendentes, pero sería o Eimas Café & Copas que a falta de 6 minutos para o remate anotaría o definitivo 2-1 gracias a un gol de Iago Sánchez.
Con esta victoria o Alto do Vento FS Eimas Café & Copas segui ao fronte da clasificación sen coñecer a derrota
Dura derrota do Fink Orfebres
Os rapaces de Kin seguen sen dar coa tecla da victoria e caeron no seu partido ante o Troula FS. Os betanceiros fixeron un partido moi serio como se reflexaría no marcador, xa que os nosos rapaces poderían recurtar distancias no marcador onde chegaron a ir perdendo por 6 goles a 1. Aarón Fernández daría azos aos nosos cun gol que suporía o 1-2 xa na segunda metade. Pero o equipo Betanceiro nun vendaval anotaría catro goles máis que farían inútil os intentos dos nosos por tratar de levar algo positivo do encontro. Carlos Dans e Aarón Liste porían o definitivo 3-5.
Boa victoria dos cadetes do Talleres Jesús Sánchez.
Tocou remontada para os rapaces de Javi xa que nun princpio os nosos comenzaron perdendo por 2 goles a 0 no minuto 11. Pero no seguinte minuto xa Jesús Uzal recurtaría distancias no electrónico, e cando a primeira parte expiraba, Leo Carbonel anotaría o empate a 2 goles co que se irían os rapaces para os vestiarios.
Na reanudación ben parecera que ningún dos dous equipos quixera levar os tres puntos, e non sería ata o minuto 35 cando Leo Carbonel anotaría o 3-2 a prol dos nosos. No 37´ e 39´ Tomás Cabaleiro anotaría dous goles máis que lle darían aos rapaces de Javi a tranquilidade da victoria, non sen antes recibir un terceiro gol a falta de 1´ que suporía o definitivo 5-3.
Pleno en Senior.
Victoria contundente do Bigmat Lucas.
Os rapaces de Marquitos acadaron unha importante victoria ante o Jogafán Ordes F.S. no día de onte nun partido que, a priori, presumíase máis igualado, pero 3´moi bos dos nosos, do 33 ao 35, fixeron que se puideran distanciar no marcador ata poñerse cunha vantaxe de 5 goles (7-2).
Brais Riveiro abriría a lata da meta do Jogadán Ordes F.S. no minuto 2 para que Pablo Bas, 4 minutos despois, acadara o 2-0 no electrónico. O Jogafán recurtaría distancias no minuto 8 gracias a Mateo Viqueira, pero Saúl acadría o 3-1 no minuto 14, resultado co que se chegaría ao descanso.
Na volta de vestiarios o Jogafán batería primeiro facendo subir o 3-2 ao electrónico gracias a Noé García. Pero a partires de ahí o Bigmat Lucas comenzaría unha xeira de ocasións que culmirían Saúl no minuto 27 para subir o 4-2. No minuto 33 comenzaría o inicio onde os rapaces de Marquitos cementaría a victoria. Primeiro Brais Fernández subiría o 5-2 no minuto 33. Logo de seguido Óscar Aldrey e Nico López acadarían o sexto e séptimo gol respectivamente. Noé García maquillaría o resultado a falta de un minuto para poñer o definitivo 7-3.
Con esta victoria o Bigmat Lucas acada a 4ª posición na clasificación, 1 punto por debaixo de Futsal A Baña e o Casás, con 16 puntos cada un.
O Cobre San Rafael vence a pesar das baixas.
Por outra parte as rapazas do Cobre San Rafael dirixidas por Xosé Manuel e Esteban, logo de que o primeiro tornase ao banquillo das vixentes campeonas de liga, acadaron un triunfo importante con todo o que rodeaba ao encontro. Primeiro cun Alto do Vento FS que chegaba ao encontro moi xunto de efectivos con Carla e Selene ausentes, a primeira sancionada e a segunda lesionada; segundo que xogaban contra un equipo situado na zona alta da táboa clasificatoria, que ata onte tiñan os mesmos puntos cas nosas.
Así todo o encontro comenzarían ben para as nosas mediante un gol de Eva Lema aos 8´ de comenzar o encontro. O Ventorrillo empataría xa na segunda metade, pero Mon Torras e Bárbara, cun golazo, encargaríanse, en apenas dous minutos de poñer en vantaxe ás nosas no electrónico (3-1). Recurtarían distancia as locais no minuto 39. No minuto 47 Nuria Paz anotaría un gol que daría algo de tranquilidade, pero, o Ventorrillo vendería cara a derrota e a falta de un minuto para o final lograría o 3-4. Pero sería un espellismo xa que na xogada seguinte novamente Bárbara anotaría o definitivo 3-5.
Grazas aos tropezos de A Fervenza, que caería na casa ante o SD Gaiola «B» por 3 goles a 5, e a derrota do Viaxes Amarelle, tamén na casa, ante o 5 Coruña, as nosas rapazas aúpanse ao primeiro posto da táboa clasificatoria.
Unha de cal e outra de area.
Victoria in extremis das rapazas.
As rapazas do Cobre San Rafael colleitaron unha victoria pola mínima ante un moi bo A Fervenza – Narón O Freixo quen se presentaba ao partido como un dos aspirantes ao título. Pero as rapazas de José Manuel e Esteban lograron remontar o gol que poría as visitantes por diante na 2ª parte. Pero as nosas loitarían pola victoria a pesares de estar cos efectivos xustos logo de que nos inicios do partido Carla fora expulsada. Pero ahí aparecería a figura de Bárbara que anotaría os dous goles para conseguir reter os 3 puntos.
Dura derrota do Fink Orfebres
Os rapaces do Fink Orfebres do Infantil de Preferente caeron na súa visita As Pontes, no que era o derradeiro encontro dos tres que os nosos se enfrontaban ao Lago Sport, por un resultado de 6-3.
O encontro comenzarían mal para os nosos logo ir facendo a goma cos locais con ata chegar ao empate a 2 goles, gracias a Lucas García e Álex Iglesias. Pero nun arreón do Lago Sport chegaría un resultado que os nosos non serían capaces de levantar e chegarían a ir gañando por 6-2. Logo de conseguir adiantarse no minuto 22, en tres minutos, do 28 ao 31, anotarían eses tres goles que lle darían unha ampla vantaxe que os nosos xa non darían salvado. Aarón Liste no minuto 44 acadaría o definitivo 6-3.
Podes consultar aquí o resto de resultados da xornada.
Bo fin de semana para a base Preferente.
Victoria dos cadetes.
Os rapaces de Javi do Talleres Jesús Sánchez venceron onte no enfrontamento ante o Lago Sport nun encontro que se resolveu nos minutos finales nun encontro moi igualado durante os 40´. Alejandro de la Calle comenzaría anotando pero o Lago Sport acadaría o empate a 1 gol co que se chegaría ao descanso.
Na reanudación o encontro seguiría xogándose nunha igualdade incríble ata que Roque Mosquera anotaría o 1-2 no minuto 33, pero o Lago Sport volvería a acadar o empate 10´ despois. Pero no minuto seguinte novamente Alejandro de la Calle anotaría o 2-3 que co que se chegaría ao final do encontro.
Continua a xeira de victorias do Alevín.
Pola súa parte o Eimas Café & Copas continúa coa racha de victorias no outro enfrontamento do sábado ante o Lago Sport cun resultado definitivo de 3 goles a 10, co que se demostrou a superioridade dos rapaces de Carlos, chegando a ir gañando por 0 goles a 7. O Lago Sport recurtaría distancias para poñerse con 3-7, pero logo os nosos acadarían 3 goles máis para chegar ao definitivo 3-10.
Iago Sánchez (3), Lois Cantelar (2), Lucas Castro (2), Adrián Souto e Manu Rivas serían os anotadores dos nosos.
O Bigmat Lucas cae ante o líder.
Os rapaces de Marquitos non puideron conseguir un resultado positivo ante o Meigallos FS, líder da competición, e caeron por 5 goles a 1 nun encontro onde os nosos foron superados, pero que nunca lle perderon a cara ao partido con loita e tesón, como demostra a lesión de Charlie quen teria que xogar parte do encontro cunha vendaxe na cabeza logo dun choque contra a grada na primeira parte. O gol da honra anotaríao Alberto Ventosa.
Mal domingo.
Derrota sen paliativos.
Os rapaces do Fink Orfebres do Infantil de Preferente sufriu un severo correctivo este domingo ante 5 Coruña quen lle endosou un clamoroso 1-8 a prol dos coruñeses.
Morrer na beira.
Pola súa banda 3´ malos minutos dos cadetes do Talleres Jesús Sánchez provocaron a derrota dos rapaces ante o 5 Coruña.
Aguantaron ben os rapaces de Javi, pero cando restaban 5´ para o descanso o 5 Coruña, nun visto e non visto acadaría 4 goles prácticamente seguidos, o que levaría o encontro no descanso cun claro 0-4.
Na reanudación o Talleres Jesús Sánchez lograría reducir distancias no electrónico o pouco de comenzar a 2ª parte. Pero o 5 Coruña voltaría a recuperar os 4 goles de diferencia. Pero nun arreón dos nosos a falta de 5´ para o final faría que o electrónico reflexara un 4-5 a falla de 1´ para o final, resultado que xa non se movería.
Resultados da fin de semana.

Suma e segue.
Os rapaces de Marquitos acadou esta semana unha boa victoria, a segunda seguida, logo de vencer a un combativo Rábade F.S. este sábado no pavillón de Restollal. O partido presentábase complicado logo de non poder contar para o partido nin con «Pulpo», sancionado pola súa expulsión a semana pasada ante o Vilalba FS, e Ibai, por motivos laborais.
Con todo o partido complicaríase todavía máis logo de Nico Mos se lesionase no xeonllo, non se antes anotar o primeiro gol, co cal non volvería a participar no encontro. Pero o resto de xogadores sacaría a súa mellor versión para poder acadar a victoria. Así Óscar Aldrey anotaría o segundo gol logo de batir ao porteiro desde prácticamente a líña de gol. Logo dun erro que provocaría unha contra no inicio da segunda metade.
Pero os rapaces de Marquitos cun xogo práctico e efectista anotarían goles por mediación de Brais Fdez., Brais Riveiro, cun roubo de balón no porteiro xogador do Rábade, e Óscar Aldrey ata chegar ao 5-1 co que parecería que o encontro sería prácido para os nosos. Pero nun exceso de confianza o Rábade FS achegaríase no electrónico e logo dunha boa xogada combinativa de todo o equipo anotarían o definitivo 5-3 co que xa non se movería o marcador.

O próximo encontro será ante Os Meigallos, quenes veñen de recibir a perda do encontro por alineación indebida ante o Praia de Barreiros, pero que incomprensiblemente non houbo sanción por puntos, nun encontro entre dous equipos empatados a puntos e situados en 4ª e 5ª posición.
O Cobre San Rafael volve coa súa primeira derrota.
As rapazas do Cobre San Rafael caeron nun encontro pola mínima ante o Viaxes Amarelle FS co resultado de 3 goles a 2 a prol das locais, no que sería o retorno de Selene á portería do Alto do Vento FS Cobre San Rafael. Nuria Paz anotaría os 2 goles das nosas, o 0-1 e o 2-3.
Remontada alucinante do Eima Café & Copas.
Partido de infarto o vivido onte no P.M. Monte dos Postes nun encontro de infarto. O partido empezaría mal para os nosos alevíns logo de que na primeira parte o 5 Coruña se puxera por diante no marcador ata o descanso. Co 0-2 o encontro poríase aínda máis dificil pero nun alarde de coraxe o equipo recortaría pronto a distancia no resultado por mediación de Lucas cun disparo logo dunha falta por cesión.
Cando só faltaban menos de 30″ un gol de Manuel Rivas desde o medio do campo acadaríase o empate; logo dun roubo rápido de balón e cando só restaban 0,9″ para o remate unha falta no medio do campo do 5 Coruña permitiríalles aos nosos acadar a victoria gracias ao dobre penalti que finalmente anotaría Lois Cantelar, co que provovaría un estoupido de ledicia nas filas altoventistas.
Con esta victoria os rapaces de Carlos acadan unha ventaxe de 6 puntos con respecto ao 2º clasificado, o ADC Lugo Sala.
Resultados fin de semana

Victorias da base
Os Fink Orfebres Alevín segue mandando con man de ferro.
Os rapaces de Carlos Rivas seguen cunha racha incríble e desta vez darían boa conta do Casás cun contundente 0-9 (5-0 ao descanso), onde Luis Ferreiro, Moi (3), Adrián Souto, Manuel Fontao, Lucas Castro, Manuel Rivas e Lois Cantelar serían os goleadores, demostrando que todo os xogadores son importantes.
O Talleres Jesús Sánchez cae ante o Casás.
Os cadetes de Javi do Talleres Jesús Sánchez caeu derrotado por un resultado algo abultado ante o Casás por 7 goles a 2.
Martín Noya e Guillermo Cembrero anotarían os goles para os nosos o que suporía o 4-2. Pero o Casás reporíase do golpe e acabaría anotando 3 goles máis para o resultado definitivo de 7-2.
O Fink Orfebres remonta.
Os rapaces de Kin tiveron un partido moi duro ante o Casás e tiveron que tirar de coraxe para poder traer os 3 puntos para Santiago. Logo de empezar perdendo o encontro cun 2-0, Sergio Rey, Yoel Rey e Leo Fdez. lograrían poñer o 2-3 a prol dos nosos. O Casás acadaría o empate o pouco pero Mateo Fraga acadaría a remontada con dous goles nos derradeiros minutos para o definitivo 3-5.
Calendario Cadete Autonómica
Consulta aquí os calendarios do Alto do Vento FS «B» Men Noroeste S.L. e Alto do Vento FS «C» Tierra y Jardín, competición que comezará o próximo 18 de Outubro.
Victoria contra a adversidade.
Os nosos rapaces do Bigmat Lucas acadou este domingo unha victoria moi traballada nun partido que se lle complicaría moito na 2ª parte logo da expulsión de Pulpo, nunha controvertida decisión tomada pola árbitra de mesa do encontro, quen foi quen chamou aos colexiados cando estes non pitaran nada.

Ata chegares a ese punto o equipo de Marquitos foi de máis a menos logo dun bo comezo de encontro onde Saúl e Nico Mos porían en vantaxe aos nosos, logo dunha boa contra e dun erro do gardamallas local que aproveitarían os nosos xogadores. Pero un erro na saída de balón permitiría ao Vilalba FS acercarse no electrónico. Martín, cun bo roubo de balón na saída dos locais acadaría o 1-3 cando só quedaba 1,4 segundos para chegares ao descanso, un golpe para o Vilalba que pouco a pouco nesta 1ª parte acadara impoñer o seu xogo.
Na 2ª parte, logo da xogada polémica da expulsión, os nosos aguantaron o encontro cando restaban máis de 16´ para rematar o encontro. O Vilalba FS recortaría distancias no marcador a pesares de que Pablo Bas, o heroe inesperado do encontro, baixo paos, foi desbarantando cada un dos intentos dos locais de remontar o partido. Xusto cando o Vilalba anotaba o 2-3, que poñía o encontro nun brete para os nosos, apareceu a figura de Pablo quen logo dunha boa parada, collería o balón para darlle un excelente pase a Brais Riveiro e deixalo só diante do gardameta local, para batilo cun tiro raso.
Co Vilalba con porteiro-xogador e intentando de todas as cores tratar de sacar algo positivo, finalizaría o encontro.
O Cobre San Rafael segue coa racha triunfal.
As rapazas do Cobre San Rafael acadou unha nova victoria nun partido que por momentos púxolles algo costa arriba como demostra o feito de que chegaran ao descanso do encontro por debaixo no marcador (2-3) por primeira vez na temporada.

Pero na reanudación as nosas puxeron as cousas no seu sitio en en pouco tempo daríanlle a volta no marcador gracias a Mon e Nuria, logo de que Mon e Uxía anotaran na 1ª parte. Pero como o día era raro o Jogafán Ordes FS anotaría o 4-4. Pero aquí apareceu a figura de Carla Frieiro anotando 2 goles en apenas 2´, o que poría as nosas nunha ventaxa que o Jogafán xa non sería quen de remontar. Nuria Paz e, novamente, Carla Frieiro rematarían o encontro deixandoo no definitivo 8-4.
Horarios fin de semana

Máis victorias da base
Os Fink Orfebres Alevín continúa en racha.
Os alevín do Fink Orfebres gañan con soltura nun encontro con outro equipo como é o Narón F.S. quen viña de gañar todos os encontros previos cun balance de 9 goles a favor e só 2 en contra. Máis os rapaces dirixidos por Carlos deu boa conta do equipo amarelo e logrou a victoria por un claro 6 goles a 1.
Os goles anotados por Dani Campanero (2), Lucas Castro e Lois Cantelar (2) foron suficientes para deixar os 3 puntos na casa e facer que o equipo sexa líder en solitario.
O Talleres Jesús Sánchez logra unha goleada traballada.
Pola súa parte os cadetes foron capaces de acadar unha victoria moi boa ante o Caranza F.S. nun partido que a medida que pasaban os minutos íase endurecendo cada vez máis. O resultado de 8 goles a 1, con certa polémica no gol dos visitantes, dan boa mostra da superioridade dos nosos.
Antón López (2), Tomás Cabaleiro (3), Ale de la Calle, Breixo Torres, gol de campo a campo cando os rivais facían porteiro-xogador, e Alfonso López levarían a ledicia a afección local.
Derrota pola mínima.
O Bigmat Lucas caeu derrotado este sábado ante o Troula Betanzos F.S. por un solitario gol do conxunto betanceiro.
Os rapaces de Marquitos non foron quen de contrarrestar o gol anotado por Carlos Sánchez no minuto 25 de encontro.
Deste xeito o Bigmat Lucas queda na táboa clasificatoria con dúas victorias e dúas derrotas, onde o que acada a domicilio non é capaz de refrendalo ante a súa afección.

O Cobre San Rafael continua gañando.
As rapazas dirixidas por Esteban mentras Xosé Manuel termina o seu período de convalecencia volveu da súa visita a Ferrol cun resultado novamente contundente, gañando desta vez ao Valdetires F.S. por 7 goles a 2, a pesares das numerosas baixas cas que contaban para este encontro, viaxando cas xogadoras xustas, oito, para disputar o encontro.
Nesta ocasión Mon Torras (3), Nuria Paz (2), Elsa e Eva anotarían os goles do Cobre San Rafael.
Victoria do Fink Orfebres.
O equipo dirixido por Kin venceu no seu encontro ante o Narón por un contundente resultado de 5-1 onde Mateo (2) e Iago (2) anotaron goles de moi hermosa factura, xunto co de Alejandro para poñer a manciña no marcador.
Horarios da fin de semana 04-05.

Entrevista en Radio Líder.
Deixamosvos aquí o enlace para que poidades ver a entrevista feita a Rucho, capitán do Alto do Vento FS Bigmat Lucas, de Senior Masculino Preferente, e Rubén García, directivo.
https://www.facebook.com/watch/live/?ref=watch_permalink&v=1204808025002379&rdid=2fKRvKPS3xO3TMAh
Resultados fin de semana

Boa colleita en Senior.
Importante victoria acadada polos rapaces do Bigmat Lucas este sábado na díficil pista do Fisober FSF, un equipo cheo de rapaces novos que loitan durante todo o encontro.

O partido comenzou co resultado en contra pero os nosos fóronse refacendo cada pouco e así logo de ir por baixo no marcador ata que chegaría o 2-3, momento no cal os rapaces dirixidos por Marquitos xa non voltarían a estar por debaixo no marcador.
Logo de chegar a ir gañando por 3-6, o partido complicaríase un pouco o partido logo de varios erros dos nosos na saída de balón que provocaría que o Fisober FSF chegaría a estar a un gol do empate co resultado de 5-6. Pero os rapaces do Alto do Vento FS lograrían recuperar esa distancia e chegaría a a poñerse co 5-8. O Fisober acadaría o 6-8 faltando apenas un minuto.
Os goleadores dos nosos serían Pablo Bas, Óscar Aldrey (2), Nico Mos (3) e Brais Fernández.
O Cobre San Rafael comenza gañando.

Pola súa banda as rapazas do Cobre San Rafael gañaron o seu partido contra un dos equipos aspirantes ao título de liga como é o EF Rodeiro. As rapazas dirixidas onte por Esteban, ante a baixa de José Manuel a lo menos durante o vindeiro mes, deu boa conta cun resultado bastante amplo de 8 goles a 2 ante as rapazas do EF Rodeiro que chegaban a este duelo con biaxas moi importantes.
Amanda Raña, autora de 4 goles, foi a xogadora destacada do encontro; os goles de Nuria, Elena, Lidia e Eva.
O encontro xa perdeu moito interese toda vez que as rapazas do Cobre San Rafael no minuto 3 xa ía gañando por 2 goles a 0. A pesares de que o EF Rodeiro logrou recortar diferencias para acadar o 2-1, as nosas irían pouco a pouco collendo máis e máis distancia no marcador ata chegar a poñerse ata cun 6-1 no minuto 40. Nos últimos minutos veríanse 3 goles máis para chegar ao definitivo 8-2.
