Derrota na 3ª División.

Nova derrota no primeiro desprazamento dos nosos rapaces da 3ª División, esta vez a Redondela, onde o equipo non se atopou no encontro practicamente en ningún momento. No encontro os locais mantiveron unha presión moi alta ao longo de todo o encontro, e eso que no descanso chegaron a levar unha vantaxe de 2 goles a 0.
Na reanudación os rapaces de Marquitos aumentaron a intensidade, pero en dous erros na saída de balón dos nosos rapaces fixeron posible que o Redondela FS chegara a poñerse cun 4-0 no marcador. Sául lograría recurtar distancias no marcador e no seguinte ataque sería Brais Fernández quen poría o 4-2, ambos goles chegarían no minuto 33, o segundo deles xa con porteiro-xogador en pista.
O Alto do Vento seguiría tentando acadar un resultado positivo a través do porteiro-xogador, pero varias imprecisións dos nosos farían que o Redondela anotara un gol máis. Logo un gol en propia porta levaría o marcador á diferencia de dous goles, pero a falta de apenas segundos o Redondela FS anotaría o definitivo 6-3.
Victoria e goleada do Preferente Alevín.
Os rapaces de Carlos Rivas rendía visita ao Hércules FS e o resultado non podía ser mellor xa que o resultado final que se reflexaba no electrónico era un contundente 1-13. Os goleadores desta tarde foron David Santiago (2), Hugo Rey (3), Rodrigo Porto (2), Izán Taboada (3), Leo Albor e Guillermo Vázquez.
Con este resultado os nosos encabezan a táboa clasificatoria empatado a puntos con 4 equipos máis, onde os 20 goles a favor e 6 en contra permiten esa posición.

Derrota severa do Preferente Infantil.
Os rapaces de Kin sufriron unha severa derrota na dobre visita dos nosos equipos de Preferente Infantil e Preferente Cadete nesta tarde de domingo.
A pesares de que a primeira parte remataría cun axustado 2-1 para os locais, unha mala segunda metade dos nosos soterrarían as esperanzas de victoria dos nosos rapaces de Infantil. Os goleadores dos nosos serían Antón Marcuño, Xabi Bello de penalti e Álvaro Freire xa no derradeiro minuto de encontro.

Victoria na Preferente Cadete.
Boa victoria a colleitada do equipo de Preferente Cadete onde se disputou un partido moi igualado. Os nosos rapaces fixeron un encontro moi serio onde houbo ocasións por parte dos dous contrincantes, onde Tuti supuxo un balón de osíxeno no encontor. Ao descanso os nosos ían gañando por 0-1 gracias a un gol de Tuti.
Á volta de vestiarios o equipo local anotaría o gol de empate pero minutos despois Manu Blanco anotaría o 1-2, nunha segunda parte onde os nosos tiveron que aguantar con 4 faltas toda esta metade. No derradeiro minuto novamente Tuti anotaría o gol da tranquilidade para os nosos, a pesares de que o equipo local errara un dobre penalti co que practicamente finalizaría o partido.



