Victoria na 3ª División.
Na 3ª xornada de liga chegaría a primeira victoria do Alto do Vento FS na 3ª División de Fútbol Sala ante o Marín FS, quen se presentaba ao encontro logo dun empate na primeira xornada e unha victoria. Pero os nosos querían inaugurar o casilleiro de victorias nesta histórica temporada para o noso clube e así, nun encontro moi disputado, acadaríase o obxetivo.
O encontro comezaría cun tanteo por parte dos dous equipos pero cun enfoque diferente. Mentres o Marín FS optaba por unha defensa a media pista e saídas con balón rápidas, os rapaces de Marquitos buscaban roubar preto da área rival para aumentar así a sensación de perigo.
Serían os visitantes os que se adiatarían primeiro no electrónico por mediación de Hugo Rguez., quen aproveitaría un erro na marca defensiva para gañarlle as costas á nosa defensa e plantarse nun man a man ante Pulpo, a quen batiría por debaixo das pernas.
Este gol non mudou a plantexamento do encontro e isto traducíase en ocasións para os nosos que o gardamallas visitante desbarataba con éxito, algo que non acadaría cando nunha xogada individual de Jorge Santiago por banda permitiríalle a Xavi Souto devolver as táboas ao marcador.

Pero cado faltaban apenas dous minutos para chegar ao descanso nun balón dividido no medio do campo, permitiríalle ao Marín FS volver a coller vantaxe no marcador gracias a Leandro, quen remataría pola escadra unha contra de 3×2. Pero pouco lle duraría a ledicia ao equipo costeiro, xa que apenas un minuto despois, a presión que Marquitos mandara aos seus rapaces daría os seus froitos e sería Jorge Santiago, quen logo de roubar o balón nun mala saída de balón por parte dos visitantes, subiría o empate co que se chegaría ao descanso.

A volta de vestiarios os rapaces de Marquitos tiñan como único obxetivo a victoria e co mesmo guión que na primeira parte, aínda que coa orde de ser máis expeditivos en defensa. Así foi como en apenas dun minuto Brais Riveiro anotaría o 3-2, logo de atrapar un balón solto na frontal da área mariñense, para conseguir a primeira vantaxe no electrónico para os nosos. Pero nun erro incomprensible dos árbitros do encontro, quenes non viron unha clara falta a Xavi Souto, quen sería amonestado por protestar, Leandro atoparíase cun balón franco para levar novamente o empate a 3 ao marcador. Pero apenas dous minutos despois, unha boa presión por parte de Isma, permitiríalle a este mesmo roubar un balón e rematar desde fóra da área un tiro moi potente que o porteiro visitante non foi quen de desviar.
Con vantaxe no marcador para os nosos, o Marín FS comenzou a xogar algo máis directo, utilizando moito o recurso do xogo con pivote o que lles permitiu o cadro mariñense ter varias ocasións de perigo contra a portería de Pulpo, algo que a saída de Marci, con moita experiencia neste tipo de partidos, rebaixaría moito.
Pero o Alto do Vento FS necesitaba rematar o encontro e sería entón cando aparecería a figura de Pulpo con dúas asistencias de manual, primeiro a Samu, cun saque de meta que lle permitiría anotar no man a man ante o gardamallas visitante, e logo a Martín Leiva, quen cun saque en longo despois dunha moi boa parada a disparo dende a frontal, para bater a defensa gracias ao control, xa que desde o gol de Saúl os visitantes apostaron por porteiro xogador.
Con esta victoria o Alto do Vento FS sae dos postos de descenso para situarse 12º na táboa clasificatoria por diante de ADC Lugo Sala B, empatados a puntos, e de Begonte FS e Pecheches FS, cun punto e AFS Bueu, quen aínda non estrou o seu casilleiro de puntos.


