Derrota inesperada na 3ª División.
Nun encontro onde os rapaces de Marquitos deberían acadar un bo resultado, a falta de acerto de cara a portería contraria, gracias sobre todo ao traballo do porteiro local, e dous erros en saída de balón por parte dos nosos, fixeron que os tres puntos quedaran en Begonte.
Os locais viñan cunha xeira de resultados onde só se presentaban ao partido cun punto acadado no seu encontro ante o Outeiro de Rei, mentres que os nosos viñan de vencer ao Marín FS.

O encontro, como decíamos antes estivo marcada pola falta de acerto por parte dos nosos, quenes de estar un pouco acertados de cara o marco contrario poderíamos falar dun resultado máis que xeneroso xa no descanso, onde tranquilamente poderían ir vencendo por catro ou cinco goles, pero ao que chegarían perdendo por 1-0.
Na reanudación o porteiro local ía vender cara a súa imbatibilidade e non sería ata o minuto 23 cando Marci lograría o empate a un gol logo dunha boa xogada colectiva. O mazazo chegaría 5´ despois onde un erro na saída de balón dos nosos provocaría unha perda coa portería baleira para que o Begonte FS acadara o 2-1, que finalmente sería definitivo.
Con esta derrota os nosos tornan a postos de descenso, aínda que empatados a puntos con Burela e Cidade de Narón, que son os que ocupan os dous postos de fora de descenso, e o ADC Lugo Sala, por debaixo cos mesmos puntos (3), mentres que o Pecheches FS pecha a táboa cun solitario punto.

Dúas victorias e unha derrota nas Preferentes.
Victoria nos últimos intres do Preferente Cadete.

Ficha do encontro
Victorias como a colleitada polos cadetes comandados por Kin son das que fan afección. Nos derradeiros compases do encontro os nosos cadetes serían capaces de traer os tres puntos para Santiago nun encontro onde a igualdade imperou durante a gran parte do encontro.
O encontro comenzaría mal para os intereses dos nosos e no minuto 7 os rapaces do 5 Coruña lograrían adiantarse no marcador. Con constantes ataques duns e outros, sería no minuto 23 cando os nosos acadarían empatar o encontro por mediación de Manu Blanco, e co resultado de 1-1 irían os dous equipos para os vestiarios.
Na reanudación os nosos foron a polo partido e no minuto 29 Mateo Suárez logaría poñer por diante aos nosos, vantaxe que duraría ata o minuto 42, onde o 5 Coruña lograría o empate. Pero aquí unha expulsión por dobre cartón sufrida nas filas do equipo herculino provocaría un desconcerto nas filas dos locais, o que aproveitarían os nosos para tentar de lograr o gol do triunfo, algo que non acadarían nos minutos que dispuxeron de vantaxe numérica.
Pero cando o crono estaba xa dando os segundos para o remate do encontro, sería Boquete quen anotaría o gol que lle permitirí ao Fink Orfebres traer os puntos para Santiago, o que provacaría as protestas dos locais, que remataría cun segundo cartón amarelo para o porteiro local.
Con esta victoria o Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez colleita a súa 3ª consecutiva, situándose en 4º lugar, empatado a puntos co 2º e 3º clasificado que son O Esteo e o propio 5 Coruña, respectivamente.
Derrota dura dos Infantís do Fink Orfebres.

Dura derrota dos rapaces do Fink Orfebres da Preferente Infantil quenes xa ao acabar a primeira parte chegarían cun resultado de 6-0 a prol dos coruñeses, o que deu mostra da superioridade local.
A segunda parte sería un mero trámite para os locais quenes acadarían 4 goles máis para poñer o definitivo 10-0 no electrónico.

Nova victoria do Preferente Alevín.

O Alto do Vento FS Eimas Café & Copas volveu a vencer no seu desprazamento a A Coruña, no encontro que abría o xeira de encontros contra o 5 Coruña, o que lle permite seguir 2º clasificado, empatado a puntos co Troula Betanzos FS, equipo que tamén leva pleno de victorias.
O encontro practicamente quedaría resolto na primeira metade, onde os rapaces dirixidos por Jorge Santiago chegarían coa vantaxe de catro goles a un. Pablo Campanero (2), David Santiago (2) foron os anotadores por parte dos nosos. Na reanudación os rapaces tentaron levar o encontro a un ritmo que non lles provocora sobresaltos, o que se traduciría nun empate a un gol na segunda metade, con Hugo López como anotador.



