Derrota na 3ª División ante un equipo da nosa liga.
Mal encontro o disputardo no día de onte polos rapaces da 3ª División onde recibía a un equipo como o ADFS Bueu, equipo que tamén transita pola parte baixa da clasificación.
E iso que o encontro comenzou ben para os nosos, onde despregaron un xogo de control de balón, ante un ADFS Bueu que plantexaba unha defensa a media pista, que non podía impedir as accións de ataque dos nosos, quenes tiveron moitas ocasións para conseguir un bo resultado no marcador. Así foi como gracias a Jorge Santiago e un gol en propia do ADFS Bueu poría o 2-0 a prol dos locais.
Pero un bo gol de falta do ADFS Bueu faría que o electrónico se comprimira para chegar ao descanso cun resultado favorable de 2-1.
Na reanudación todo o que podía saír mal, saíu e o ADFS Bueu lograía remontar gracias a dous goles, primeiro cun zapatazo a escadra ante o que Nico nada puido facer, e logo un gol en propia de Óscar Aldrey, quen desviaría un lanzamento lateral descolocando a Nico.
O ADFS Bueu colocaríase a falta de 8´ con 5 faltas, pero os colexiados non tiveron a ben pitar dúas faltas bastante claras, o que permitiría aos nosos ir á liña dos 10 metros.
A falta de 3´ os rapaces de Marquitos disporíanse a xogar con porteiro xogador, o que, nun perda de balón permitiría ao ADFS Bueu anotar o 4º gol, logo de que Jorge Santiago tentara de evitar o gol ca man, o que lle suporía a 2ª amonestación e posterior expulsión.



