Resumen da Xornada 6 na 3ª División e Preferentes.

Dura Derrota na visita a Borbén na 3ª División.

Ficha do encontro.

Encontro complicado o que debía xogar o sábado o equipo do Bigmat Lucas ante un equipo, Pazos de Borbén, instalado en posicións de play-of de ascenso a 2ª División B. O certo é que o equipo local apenas deu opcións a un Alto do Vento FS que loitou con toda a súa forza para tentar de sacar algo positivo do seu desprazamento a terras pontevedresas.

O certo é que os locais practican un xogo moi áxil e vistoso, ao que se lle suma, polo menos no encontro de onte, un acerto de cara a portería moi alto, con goles de moi fermosa factura. O resultado ao descanso de 5-1 é proba suficiente disto, a pesar do gol de Saúl prácticamente cando a sirena marcaba o camiño de vestiarios.

Na segunda metade o encontro seguía os mesmos derroteiros que os da primeira, como ben se pode ver en que o Pazos de Borbén FS chegaría a poñerse cun resultado ao seu favor de 8 goles a 1. Foi nese momento de encontro onde Marquitos optou por sacar porteiro-xogador, para tentar rascar algo do encontro, cando aínda quedaban dez minutos para o remate do encontro. O certo é que a solución funcionou para, a lo menos, apretar o marcador un pouco, xa que dous goles de Jorge Santiago poñía un 8-3 no electrónico. Unha reacción que pronto se viu cortada polos locais ao anotar o 9-3 a falta de 7´ para o remate do encontro. Nese tempo os visitantes aínda terían tempo para maquillar un pouco o resultado, sempre con porteiro-xogador, logo de que Mateo Latas e Brais Fernández anotaran dous goles para os nosos para poñer o definitivo 9-5 no marcador.

Resumen do encontro.

A próxima xornada tamén augura un encontro difícil ante o Sala Ourense 2014, equipo que, coma o Pazos de Borbén FS, está metido na pelexa polo ascenso, ocupando o 3º lugar da táboa clasificatoria.

Dúas victorias e unha derrota nas Preferentes.

Victoria nos últimos intres do Preferente Cadete.

Ficha do encontro

Victorias como a colleitada polos cadetes comandados por Kin son das que fan afección. Nos derradeiros compases do encontro os nosos cadetes serían capaces de traer os tres puntos para Santiago nun encontro onde a igualdade imperou durante a gran parte do encontro.

O encontro comenzaría mal para os intereses dos nosos e no minuto 7 os rapaces do 5 Coruña lograrían adiantarse no marcador. Con constantes ataques duns e outros, sería no minuto 23 cando os nosos acadarían empatar o encontro por mediación de Manu Blanco, e co resultado de 1-1 irían os dous equipos para os vestiarios.

Na reanudación os nosos foron a polo partido e no minuto 29 Mateo Suárez logaría poñer por diante aos nosos, vantaxe que duraría ata o minuto 42, onde o 5 Coruña lograría o empate. Pero aquí unha expulsión por dobre cartón sufrida nas filas do equipo herculino provocaría un desconcerto nas filas dos locais, o que aproveitarían os nosos para tentar de lograr o gol do triunfo, algo que non acadarían nos minutos que dispuxeron de vantaxe numérica.

Pero cando o crono estaba xa dando os segundos para o remate do encontro, sería Boquete quen anotaría o gol que lle permitirí ao Fink Orfebres traer os puntos para Santiago, o que provacaría as protestas dos locais, que remataría cun segundo cartón amarelo para o porteiro local.

Con esta victoria o Alto do Vento FS Talleres Jesús Sánchez colleita a súa 3ª consecutiva, situándose en 4º lugar, empatado a puntos co 2º e 3º clasificado que son O Esteo e o propio 5 Coruña, respectivamente.

Victoria cómoda dos Infantís de Preferente.

Presentábanse os rapaces de Nico ao primeiro encontro entre equipos do noso clube e Os Meigallos FS, o seguinte serían os Cadetes de Preferente, que xogaron pola tarde.

O encontro non comenzaría ben para os nosos e xa no minuto 4 encaixarían o primeiro gol por parte de Os Meigallos FS. E sería o resultado de 1-0 o que reflexería o marcador ata que Leo Sánchez anotaría o empate 10 minutos despois, logo de ter ocasións para non ter que esperar tanto. Pero Os Meigallos FS voltarían a retomar vantaxe no electrónico no minuto 21, pero novamente Leo Sánchez anotaría o empate. Neste momento do encontro o propio Leo encargaríase de coller velocidade de cruceiro con dous goles máis para poñerse con vantaxe de dous goles e apagar a rebelión dos locais. Un gol máis de Lucas Sotelo farían que ambos contendentes marcharan a vestiarios cun marcador a prol dos nosos de 2-5.

Na reanudación o Alto do Vento FS Fink Orfebres sería un vendaval para un equipo rival que se defendía como podía, o que non impediría aos nosos anotar cinco goles máis, sen moito traballo para Lucas, quen lograría manter a súa portería a 0 nesta segunda metade. Os goleadores serían Lucas Sotelo, de novo, Sergio Rey e Álvaro Freire, cun gol cada un, e un dobrete de Adrián Souto.

Esta segunda victoria consecutiva permitelles aos rapaces de Nico estar na pomada na loita polas dúas primeiras posicións que dan pé a ir ao Campionato Galego.

Nova victoria do Preferente Alevín.

O Alto do Vento FS Eimas Café & Copas volveu a vencer no seu desprazamento a A Coruña, no encontro que abría o xeira de encontros contra o 5 Coruña, o que lle permite seguir 2º clasificado, empatado a puntos co Troula Betanzos FS, equipo que tamén leva pleno de victorias.

O encontro practicamente quedaría resolto na primeira metade, onde os rapaces dirixidos por Jorge Santiago chegarían coa vantaxe de catro goles a un. Pablo Campanero (2), David Santiago (2) foron os anotadores por parte dos nosos. Na reanudación os rapaces tentaron levar o encontro a un ritmo que non lles provocora sobresaltos, o que se traduciría nun empate a un gol na segunda metade, con Hugo López como anotador.