Resumen da Xornada 7 na 3ª División e Preferentes.

Victoria das que crean afeción.

Ficha do encontro.

O Alto do Vento FS Bigmat Lucas da a campanada e vence a un dos equipos da zona alta da clasificación como son o Sala Ourense 2014, o que ademáis lle permite saír dos postos de descenso, aínda que con tan só un punto de vantaxe sobre o Begonte FS e o ADC Lugo Sala.

O encontro comenzou moi ben para os rapaces de Marquitos, cunha defensa plantexada a media pista para tratar de resgardarse un pouco dun equipo cun xogo colectivo moi bo e moi ben traballado. As primeiras ocasións serían para os nosos, e xa no primeiro minuto un balón ao pao sería a primeira gran ocasión para os nosos á saída dun córner. Na seguinte xogada chegaría o primeiro gol para os nosos, obra de Mateo Latas, un dos xogadores que deberían ser referentes do xogo dos nosos rapaces. Unha xogada propia de fútbol 11 permitiríalle ao dorsal 13 anotar de cabeza logo dun centro desde a banda de Brais Riveiro.

Prácticamente sen tempo para a celebración chegaría, no minuto 2 un novo gol para os nosos. Isma, nunha xogada individual por banda, con regate incluido ao porteiro, permitiríalle anotar o 2-0 a porta baleira.

O Sala Ourense 2014 comenzaría entón a practicar un xogo que explica o por qué da súa posición na clasificación, e tentaría perforar a portería defendida por Nico, quen lograría desbaratar as ocasión visitantes. Pero no minuto 9, novamente Mateo Latas anotaría unha xogada típica con remate no segundo pao.

A partir deste gol e dun tempo morto pedido polo adestrador visitante, os axustes ordeados por este xurdiron efecto, e o Sala Ourense 2014 asfixou aos nosos nos seguintes dez minutos, con ocasións moi claras que entre Nico e a defensa foron sacando como puideron, ata chegar ao minuto 17 cando conseguiron recurtar distancias no electrónico, o que deixou o marcador en 3-1 a prol dos nosos cando se foron a vestiarios.

Na reanudación, o que debería ser un exercicio dos nosos para tentar contrarrestar a saída en tromba dos ourensans, convertiríase nun pesadelo e en apenas dous minutos os visitantes empatarían o encontro, máis por culpa de dous erros defensivos bastante claros dos nosos, que ao acerto rival. Primeiro cun man ante Pulpo e, 2 minutos despois, un disparo lonxano desviado serían os culpables de que electrónico reflexara táboas.

O encontro volvíase cada vez un soliloquio por parte do equipo ourensán, con ocasións claras que eran ben desbaratadas por parte de Pulpo e da defensa. Esta sensación de impotencia de poder perforar a malla rosa empezaba a poñer nerviosos a xogadores e banquiños do equipo azul, o que fixo que o Sala Ourense se puxera con 5 faltas cando restaban sobre 8´ para o final. O partido empezou a ensuciarse moito, con moitas protestas por parte dos visitantes.

Sería nunha xogada, onde os visitantes pedirían unha falta do inicio da xogada do Alto do Vento FS Bigmat Lucas, a falta de 3 minutos onde Leiva lograría montar finalizar unha contra que a defensa ourensana introduciría na súa propia meta, propiciando que os nosos se adiantaran no marcador. Nesta xogada sería expulsado o xogador que anotaría o gol e quen se queixaba da falta que comentabamos antes, ao mesmo tempo que o 2º entrenador, este por encararse cos colexiados. Como o xogador foi expulsado por unha acción posterior ao gol, o equipo ourensano debería afrontar os últimos dous minutos con tan só catro xogadores en pista. E se iso fose pouco, na primeira xogada con porteiro xogador, o xogador que realizaba esa función sufriría unha lesión muscular que lle impediría continuar. Estes dous minutos o Sala Ourense tentou o empate sempre con tentativas individuais que eran desbaratadas pola defensa santiaguesa quen tivo moito ollo de non cometer a 6ª falta.

Na próxima xornada, rendiremos visita ao Sport Sala de Culleredo, equipo situado nunha cómoda 8ª posición.

Dúas derrotas e unha victoria nas Preferentes.

Victoria aplastante do Preferente Cadete.

Os rapaces do Preferente Cadete deron boa conta do e Victoria CF, o que supoñía o derbi entre os equipos santiagueses da categoría.

O encontro poñíase de cara para os nosos moi pronto gracias a un gol en propia porta do Victoria FC xa no primeiro minuto. Dous goles máis dos nosos no minuto 4 e 8 pecharían a primeira parte cunha vantaxe de tres tantos a cero.

Na reanudación viría un vendabal ao que contra o que o Victoria FC pouco puido facer e así ao longo de toda a segunda parte foron caendo os goles para os nosos ata chegar ao resultado final de 1-11. Jesús Uzal con tres tantos e Boquete con dous serían os destacados do encontro para os nosos.

Continua a xeira de victorias dos Infantís de Preferente.

O encontro disputado o sábado polos Infantís do FiInk Orfebres, esta vez coa novidade de Carlos Rivas como adestrador polo compromiso de Nico e Jorge Santiago en Santiago co equipo de 3ª División, acabou caendo no noso lado cun resultado un tanto amplo que non reflexa o que ocorreu no 40×20.

O encontro comenzaría ben para os nosos cun gol de Sergio Rey no minuto 4, que tres minutos despois sería contrarrestado polos locais. O encontro entraría nunha fase de xogo combinativo por parte de ámbolos equipos ata que no minuto 13, Lucas Sotelo, anotaría o gol que lle daba vantaxe ao Alto do Vento FS. Cinco minutos despois sería Pablo Lago o que anotaría un gol para levar dous goles de vantaxe ao electrónico, e que suporía o resultado co que terminaría a primeira parte.

A volta de vestiarios o Troula Betanzos FS conseguiría recurtar distancias no marcador no minuto 42, o que apretaba as cousas a falta de 8 minutos para o final. Pero Yago Lourido, no minuto seguinte, encargaríase de sofocar a rebelión dos locais para devolver a vantaxe alcanzada ao descanso. Troula sacaría entón porteiro xogador, para tentar de sacar algo positivo, pero no minuto 48 Lucas García lograría o 5-2 desde a súa portería, logo dunha boa parada. Na seguinte xogada sería Adrián Souto quen anotaría o definitivo 2-6 a prol dos nosos.

Con esta victoria o equipo do Fink Orfebres sitúase en 3ª posición, empatado a puntos co 2º clasificado, que é o Lago Sport.

Equipo que disputou o Troula Betanzos FS – Alto do Vento FS

Nova derrota do Alevín ante o líder da categoría.

Presentábanse os rapaces de Jorge Santiago a un partido que a priori debería haber suposto tres puntos para os nosos ante un equipo que transita polos postos baixos da táboa clasificatorio como era o ACD Pringalla.

O partido tivo alternancias no marcador durante todo o encontro, comenzando os locais anotando dous goles que serían contrarrestados polos nosos por mediación de Pablo Couso, quen anotaría un hat-trick para poñer o electrónico a favor do equipo dirixido por Jorge Santiago á volta de vestiarios.

O ACD Pringalla anotaría o empate para iniciar un toma e daca entre ambos contendentes, pero serían os locais quenes darían o último golpe na mesa no derradeiro minuto, que neutralizaría o gol de David Santiago.

Con esta derrota os nosos rapaces sitúanse en 2ª posición, tres puntos por debaixo do Troula Betanzos FS e dous puntos por enriba do Parrulo FS e o Club Melide FS, con 13 puntos cada un.

Na próxima xornada haberá duelo no cumio entre os nosos rapaces e o Troula Betanzos FS.